Campamentos de Verán 2019. Deputación da Coruña

Como cada ano, a Deputación da Coruña realizará os campamentos de Verán con estancias no Colexio Calvo Sotelo (A Coruña). O prazo de preiscrición estará aberto ata o 31 de maio de 2019.

A Deputación da Coruña oferta cada verán campamentos de verán para os rapaces e rapazas de toda a provincia. Nesta ocasión, ao Concello de Cee correnpóndelle na 1ª quenda (30 de xuño ao 5 de xullo). Temos concedidas 3 prazas para nenos/nenas de 9 a 14 anos cumplidos durante el 2019.

A pre-inscrición está xa aberta e deberá facerse na Oficina do Servizo de Deportes Municipal ata o 31 de maio ás 13:30 horas. O coste será de 85 €.

Se hai máis pre-inscritos que prazas realizarase un sorteo público das mesmas.

A estancia e manutención realizaranse nas instalación do Colexio Calvo Sotelo, no Concello de A Coruña (Rúa Archer Milton Huntington, 24).

1 comentario en “Campamentos de Verán 2019. Deputación da Coruña”

Deixa un comentario

TurismoCee