Os Campamentos Deportivos 2018 convocados pola Deputación da Coruña xa teñen aberto o prazo de inscrición. A Cee lle concederon 3 prazas na 4ª quenda que corresponde aos días 22 ao 27 de xullo.
As instalacións do centro Calvo Sotelo da Coruña será novamente o lugar elixido para a realización dos campamentos que contarán con actividades náuticas, equitación, tenis e senderismo así como a práctica doutras actividades culturais e deportivas. Están destinados a rapaces e rapazas de entre 9 e 14 anos (ambas incluidos, cumpridos en 2018). Os participantes deberán estar empadroados no Concello de Cee.
En caso de haber máis inscritos que prazas se realizará sorto público. O prezo é de 85€.
hola, yo estuve en el campamento de 2018 y me gustaría saber dónde quedaron todas las fotos que nos hicieron… gracias