Campaña de esquí 2017 no Concello de Cee

O Concello de Cee participa un ano máis no programa de esquí organizado pola Deputación Provincial da Coruña neste ano 2017, dirixido a nenos e nenas nados nos anos 2002, 2003, 2004, 2005 e 2006.

Dende a Deputación foron adxudicadas 4 prazas para participar na 3ª quenda do programa que corresponde aos días 12/03/2017 ao 17/03/2017. Como novidade importante, terán preferencia aqueles rapaces /as que non foran a ningunha outra campaña da neve da Deputación.
A cota de participación é 95 €.

O prazo de pre-inscrición rematará o luns 23 de xaneiro ás 13:00 horas e se poderá facer na oficina do Servizo de Deportes Municipal de Cee ubicado na 2º andar da Casa do Concello.

Información ampliada

O luns, 23 de xaneiro, rematou o prazo para inscribirse. No Concello de Cee resultaron un total de 19 nenos. Terán preferencia aqueles rapaces que nunca desfrutasen da mesma viaxe coa Deputación. O sorteo público das 4 prazasefectuarase este xoves, 26 de xaneiro, ás 10:00h, no Salón de Plenos do Concello de Cee.

Deixa un comentario

TurismoCee