Cee participará un ano máis no programa “O mar na Escola”

Os escolares do Concello de Cee forman parte dos casi 400 nenos e nenas que participan este ano no programa de achegamento ao mar. Ademáis de Cee, forman parte os concellos de Muxía, Dumbría, Corcubión, Camariñas e Fisterra.

A Escola de Vela Cataventos de Corcubión presentou a decimoterceira edición do programa “O Mar na Escola 2017, Xogando co Vento”, un proxecto no que participarán este ano cerca de 400 alumnos de diversos colexios e institutos dos Concellos de Cee, Dumbría, Fisterra, Corcubión, Camariñas e Muxía, co  patrocinio de Cerdeimar. A iniciativa, que se desenvolverá ao longo dos meses de marzo, abril, maio e xuño conta, ademáis, coa colaboración da Federación Galega de Vela e a Secretaría Xeral para o Deporte, que o incluíu no programa “Xogade” baixo o título “Xogando co Vento”.

Á presentación, celebrada no Concello de Corcubión, xunto á concelleira de Cultura, Deporte e Tempo Libre do Concello de Cee, Camola Díaz, acudiron: Andrés Cerdeiras Lemus en representación de Industrias Cerdeimar; José Manuel Marcote, alcalde de Fisterra; Manuel V. Alonso de León, alcalde de Camariñas; Manuel Insua Insua, alcalde de Corcubión; Raúl González, concejal de Cultura y Deportes do Concello de Dumbría; Manuel Coronilla, vicepresidente do Clube Marítimo Carrumeiro e Diego Castiñeira, técnico de deportes do Concello de Muxía.

Rolda de prensa de presentación do programa “O mar na escola 2017, xogando co vento” en Corcubión.

Un programa consolidado

O feito de que este programa alcance a súa decimoterceira edición, coa adhesión, cada ano, de novos centros e concellos, é unha mosstra de que se trata dunha iniciativa xa consolidada, resultado da vontade dalgúns profesores e técnicos deportivos de incluir no currículo de Coñecemento do Medio e de Educación Física unha forma innovadora e cercana de que os nosos nenos coñezan e exploren o medio que lles rodea. Así, os escolares recibirán formación teórico-práctica en biodiversidade dos mares e océanos, sobre ventos, correntes e mareas, ademáis de teoría da navegación a vela e seguridade no mar. Trátase de favorecer un acercamento dos rapaces ao mar e ao seu entorno a través da práctica do deporte. Poderán aproximarse ao medio no que viven, valorar e coidar os recursos do mar e o entorno da ría, acercarse ao deporte en xeral e, en particular, á vela lixeira, ademáis de aprender as nocións básicas de navegación, sempre nun ambiente lúdico e establecendo a mellor relación entre alumno-monitor.

As sesións prácticas realizaranse nas instalacións do Clube Marítimo que corresponda por zona aos centros participantes (Clube Marítimo Carrumeiro ou Clube Náutico de Camariñas), onde aplicarán os coñecementos adquiridos a través da práctica de diversas actividades como a vela, kayak, voo de cometas e un taller de nos. No caso dos escolares ceenses farano, como cada ano, no Clube Marítimo Carrumeiro de Corcubión.

O proxecto finalizará en xuño coa entrega de diplomas a cada participante e unha orla ao centro escolar na que aparecerá todo o grupo.

Os participantes

Concello de Cee: COLEGIO MANUELA RIAL MUZO y CEIP EUGENIO LÓPEZ

Concello de Camariñas: CEIP PONTE DO PORTO, CEIP O AREAL e IES PERA DA AGUA

Concello de Dumbría: CEIP SANTA EULALIA

Concello de Fisterra: CEIP MAR DE FORA y CEIP AREOUTA

Concello de Corcubión: CEIP PRAIA DE QUENXE

Concello de Muxía: CEIP VIRXE DA BARCA, CEIP VILLARMIDE, CEIP OS MUIÑOS e IES RAMON CAAMAÑO

Deixa un comentario

TurismoCee