CONCENTRACIÓN DE TENIS DE MESA ESCOLAR


O Concello de Cee acollerá no Pavillón Municipal de Cee, o sábado 22 de febreiro a partir das 15:30 horas e ata as 19:30 horas, unha CONCENTRACIÓN DE TENIS DE MESA ESCOLAR dentro do Plan Xogade da Xunta de Galicia.

A actividade está organiza pola Agrupación Deportiva de Zas e conta coa colaboración do Concello de Cee e das escolas deportivas dos concellos participantes.

Participantes: escolares nas categorías benxamín, alevín, infantil e cadete (masculino e feminino) de Santa Comba, Ponteceso, A Baña, Vimianzo, Zas, Outes, Noia e Cee.

O sistema de competición será por equipos, sistema “Corbillón” (2 individuais, 1 dobre, 2 individuais)

Deixa un comentario

TurismoCee