Día da Bicicleta. Cee, 23 de xullo de 2017

O Día da Bicicleta terá lugar en Cee, o 23 de xullo de 2017. Farase un recorrido pola vila na que o uso do casco é obrigatorio.

 

Queremos que o Día da Bicicleta siga sendo unha homenaxe a ese vehículo tan popular e entrañable para pequenos e maiores.

Trátase de sacar a bicicleta á rúa e de dar un paseo pola nosa vila cos nosos amigos e familiares, un paseo nunha xornada de convivencia e diversión. Non se trata dunha competición.

Inscricións

No Día da Bicicleta poderán participar todos aqueles que o desexen, sen límite de idade.

As incricións pódense levar a cabo no Concello de Cee (oficina do Servizo de Deportes, 2o andar).

O prazo finaliza o mesmo venres 21 de xullo.

Máis información no teléfono 981 745 100 (ext. 3) ou na web www.concellocee.es

Podes descargar aquí o formulario:

Agasallos

Só terán dereito a participar no sorteo de regalos aqueles que formalizasen a súa inscrición antes do venres 21 de xullo. A entrega de agasallos será ao final do percorrido.

Normas

É obrigatorio seguir as normas marcadas pola organización en materia de seguridade e non adiantar aos ciclistas do clube que abren a marcha.

Lembre que imos dar un paseo pola vila, non a competir. Para un mellor desenvolvemento da xornada, non se debe saír dos límites marcados pola organización.

Percorra o circuito marcado e non outro. Siga en todo momento as indicacións do servicio de orde e non dubide en comunicar calquera incidencia.

A organización non se fai responsable de ningunha incidencia causada pola imprudencia dun ciclista.

Sexa respectuoso cos demáis participantes. E goce do Día da Bicicleta en Cee!

 

Deixa un comentario

TurismoCee