Entradas gratuitas para o Trofeo Manolo Martín

O vindeiro día 8 de agosto se celebrará no estadio Abanca- Riazor a XXXIV Edición do Trofeo Manolo Martín, que disputarán os equipos Deportivo B e Real Madrid Castilla. O Concello de Cee dispón de entradas infantiles gratuitas.

O trofeo Manolo Martín é un clásico dos veráns na Costa da Morte. Este ano, o partido se disputará en Coruña, no estadio Abanca- Riazor, e enfrentará aos equipos Deportivo B e Real Madrid Castilla. Será o día 8 de agosto ás 18:30h. A recadación será destinada á recuperación do Santuario Virxe da Barca de Muxía.

Os nenos de Cee (menores de 15 anos) que desexen asistir poderán facelo de maneira gratuita recollendo, previamente, a súa invitación naa Casa do Concello. O precio para os maiores de 15 anos que queiran asistir é de 5€. As entradas pódense mercar xa na Oficina de Atención ao Deportivista ou no Corte Inglés de Coruña (Ramón y Cajal ou Marineda City).

Xa podes recoller  a túa entrada na oficina da Concellería de Cultura, Deportes e Tempo Libre, ubicada no  1º piso da Casa do Concello.

Deixa un comentario

TurismoCee