Escolas e actividades deportivas curso 2017-2018

O novo curso 2017 2018 xa comezou e, con él, a Programación Deportiva Municipal do Concello de Cee. Escolas e actividades deportivas que, como cada ano, levarán o deporte por todos os recunchos do Concello e a todos os sectores da poboación.

A Concellería de Cultura e Deportes dirixida por Mª del Carmen Díaz Freire, a través do Servizo de Deportes Municipal, xa ten diseñado o Programa Deportivo Municipal para o novo curso 2017-2018.

O prazo de pre-inscrición permanecerá aberto do luns 18 ao venres 29 de setembro.

Podes consultar aquí todas as actividades dispoñibles, horarios e taxas:

Máis información na oficina do Servizo de Deportes Municipal (2ª andar), no e-mail deportes@cee.gal ou ben chamando ao teléfono 981.745100 (ext. nº 3)

Deixa un comentario

TurismoCee