Programación deportiva municipal de Cee, curso 2015-2016

Facebooktwittermail

A Concellería de Deportes e Tempo Libre dirixida por Mª del Carmen Díaz, a través do Servizo de Deportes, xa ten listo un amplo Programa Deportivo Municipal para o novo curso 2015-2016.

O prazo de pre-inscrición permanecerá aberto ata o mércores 30 de setembro.

Máis información na oficina do Servizo de Deportes Municipal (2ª andar), no e-mail deportes@cee.gal ou ben chamando ao teléfono 981.745100 (ext. nº 3)

Neste enlace pódese descargar o tríptico completo.