A partir de hoxe, venres 9 de xuño, están abertas as inscricións para participar nas diferentes actividades ofertadas na PROGRAMACIÓN DEPORTIVA MUNICIPAL CEE VERÁN 2017.
Este ano a programación deportiva de Verán do Concello de Cee chega cargada de actividades, algunhas delas novas, que pretenden mellorar o tempo libre e o lecer de todos. Baloncesto, futbol sala, patinaxe artístico, taekondo, baile deportivo… pero tamén novidades como o canyoning ou descenso do Bruño, os campamentos de aventura ou os deportes nauticos que regresan a Cee. E, como non, os clásicos que non poden faltar cada verán: a Carreira Pedestre Concello de Cee, o Día do Deporte na Rúa e o Día da Bicicleta. Éste é o listado completo:
- Campamento de verán” Vila de Cee
- Canyoning “Vila de Cee”
- IV Carreira Pedestre Concello de Cee
- III Campus de Futbol Sala “Clínica Dental Baldomar” FSF Villa de Cee
- Campus de Verán “Club Arte e Movemento”
- IX Campus Baloncesto “A.C.B. Costa da Morte”
- IV Campus Patinaxe Artística “C.P.A. Costa da Morte”
- Campamentos deportivos Deputación da Coruña
- 4ª Edición de “Deporte na Rúa”
- 16ª Edición “Día da bicicleta”
- Deportes náuticos
Consulta aquí a oferta completa:
Máis información no Servizo de Deportes Municipal (2ª andar Casa do Concello), na web municipal www.cee.gal, correo-e deportes@concellocee.es, ou no teléfono 981745100 (ext. nº 3)