Sábado 30 de abril, andaina no Concello de Cee 2016

Dende a Concellería de Deportes e Tempo Libre, a través do Servizo de Deportes Municipal, infórmase que o sábado 30 de abril en Cee desenvolverase un roteiro, dentro do programa de “Andainas Coñece a Costa da Morte 2016”.

Nesta ocasión a parroquia de Lires será a protagonista co “Roteiro Meigha Lirea”.

Neste enlace pódese descargar máis información da mesma.

Do mesmo xeito facilitamos o track http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=12577943

O prazo de inscrición nesta andaina rematará o xoves 28 ás 13:30 horas e poderase realizar na oficina do Servizo de Deportes (2º andar Concello), no teléfono 981745100 (ext. nº 3) ou ben no correo-e deportes@cee.gal