Con motivo do Día internacional do Libro a celebrar o 23 de abril, data instituida pola UNESCO en 1995 atendendo á casualidade de que a morte de Miguel de Cervantes se correspondía coa data do aniversario do nacemento e morte de William Shakespeare, a Biblioteca Pública Municipal “Francisco Mayán” quere celebrar a data facendo obsequio dun libro a todos aqueles usuario/as que utilicen o servizo de préstamo a domicilio neste día.
A UNESCO con este acontecemento cultural quería destacar a importancia do libro, e promover a través del o acceso á cultura do maior número de persoas posible, ao igual que desexa a Biblioteca Pública Municipal “Francisco Mayán” do Concello de Cee para esta data, e para o resto de días do ano.
Por outra parte, lembramos que o sábado 24 de abril, ás 18.30 horas, os máis cativos da casa teñen unha cita co teatro da man de Galitoon e o seu espectáculo ” The show moscon”, obra seleccionada para o FETEN 2021. Dado que o aforo é limitado, precísase reservar previamente as entradas.