O cobro da prestación de cese de AUTÓNOMOS é compatible coa reapertura dos seus negocios – COVID19

Achegamos comunicado emitido polo Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, no que se AFIRMA QUE SÍ É POSIBLE PARA OS AUTÓNOMOS, COMPATIBILIZAR O COBRO DA REFERIDA PRESTACIÓN COA REAPERTURA DOS SEUS RESPECTIVOS NEGOCIOS.

Os autónomos aos que se lles concedera e estaban a cobrar a prestación extraordinaria de cese de actividade derivada do Estado de Alarma provocado pola crise sanitaria do COVID-19, que poidan abrir os seus negocios o 4 de maio (de acordo coas medidas indicativas publicadas polo Ministerio de Sanidade para aplicar nas fases de desescalada do confinamento aprobadas en Consello de Ministros do 28 de abril) seguirán percibindo a prestación ata o último día do mes que finalice o Estado de Alarma. A axuda busca protexer a falta de ingresos dos autónomos en esta situación excepcional e contribuír á supervivencia do seu negocio.

Para solicitar esta prestación non se exise período mínimo de cotización exisido para outras prestacións, só é necesario estar en alta como autónomo no réxime correspondente e atoparse ao corrente de pago das cotizacións sociais. Ademais é compatible con calquera outra prestación da Seguridade Social que o solicitante viñera percibindo, como por exemplo, orfandade ou viuvez, e fora compatible co desempeño da actividade que desenvolvía. O prazo para solicitar esta prestación é ata o último día do mes seguinte o que se produza o fin do Estado de Alarma.

Comunicado de Prensa íntegro do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións

Información de interese para autónomos

Guía práctica con las preguntas más frecuentes sobre las medidas adoptadas para los AUTÓNOMOS por el Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones

 

Deixa un comentario

TurismoCee