Obxecto
O obxecto desta resolución é convocar as probas de avaliación en competencias clave para o acceso ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional da formación profesional para o emprego no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (código do procedemento TR306A).
Así mesmo, é necesario establecer as posibles exencións ás probas e convalidacións das distintas competencias clave, así como consideracións sobre a expedición de certificados de profesionalidade.
Competencias clave que se convocan
1. Convócanse probas nos dous niveis de cualificación profesional 2 e 3, nas seguintes competencias clave:
• Comunicación en lingua galega.
• Comunicación en lingua castelá.
• Comunicación en lingua extranxeira (inglés).
• Competencia matemática.
2. As competencias clave requeridas para tódolos certificados de profesionalidade das 26 familias profesionais do Repertorio Nacional de Certificados de Profesionalidade para os niveis de cualificación 2 e 3 son competencia matemática, comunicación en lingua castelá e comunicación en lingua galega.
A comptencia de comunicación en lingua extranxeira só se require nos certificados de profesionalidade que teñen un módulo formativo de lingua extranxeira e que se especifican no anexo VI desta resolución.
¿A quén vai dirixido?
Todas as persoas que desexen realizar as probas de avaliación e competencias clave para o acceso ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional da formación profesional para o emprego no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia
Prazo
Prazo de presentación ata o 20 de marzo de 2020
Documentación para a presentación
A participación nestas probas deberá formalizarse presentando unha solicitude segundo o modelo do Anexo I desta resolución, dirixida ao Instituto Galego das Cualificacións.
As solicitudes deben presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Opcionalmente, poderán presentarse solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
A solicitude tamén estará dispoñible no portal web da Consellería de Economía, Emprego e Industria (http://ceei.xunta.gal/recursos/temas-de-interese/c/Formacion-ocupacional-e-continua?content=topic_0145.html).
As persoas interesadas deberán acompañar coa solicitude a seguinte documentación:
a) No caso de identificación co pasaporte en vigor hai que acompañar unha copia.
b) No caso de ter recoñecida a discapacidade por outra comunidade autónoma, cun grado igual ou superior ao 33%, e solicitar algún tipo de adaptación das especificadas na solicitude, deberán acompañar o certificado do grado de discapacidade e o informe da procedencia das adaptacións solicitadas por dita comunidade, excepto que se solicitara o traslado do expediente a esta comunidade autónoma.
1. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requerir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
2. Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberá indicarse o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón de él.
4. Os interesados poderán, en calquera momento do procedemento anterior o trámite de audiencia, aducir alegacións e presentar documentos ou outros elementos de xuizo.
ACTUALIZADO 10.05.2021
Lugar de realización das probas: prevese que sexa no Recinto feiral da Fundación Semana Verde en Silleda (Pontevedra).
Datas previstas para a realización das probas: prevese que teñan lugar os días 26 e 27 de xuño de 2021, sempre atendendo as recomendacións que as autoridades sanitarias establezan.
Relación provisional de admitidos e excluídos
Recomendacións sobre a presentación de reclamacións ás listas provisionais
Preferiblemente, presentar a reclamación por vía electrónica, para o cal siga os seguintes pasos:
1. Acceder á sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal
2. Na marxe inferior hai un apartado denominado “Trámites”; prema no apartado que pon “Modelos xenéricos”: https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/modelos-xenericos
3. Descargue e cubra cos seus datos o modelo “Emenda ao requirimento”. Na cabeceira do formulario deberá indicarse o procedemento para o que se está a realizar o trámite, que neste caso é:
- Procedemento: Probas competencias clave
- Código do procedemento: TR306A
4. Unha vez cuberto, anexar a documentación se é necesaria, asinar e presentar.
Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365.
No caso de presentar a reclamación por outro medio que non sexa a vía electrónica, pode igualmente usar o modelo de “Emenda ao requirimento”, cubrilo e presentalo en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Prazo de presentación de reclamacións ás listas provisionais: 4 días hábiles dende o día seguinte ao da publicación no portal, polo tanto, ata o venres 14 de maio de 2021 incluído. |