Convocatoria para a provisión mediante funcionario/a interino/a da praza de arquitecto técnico municipal

Proceso selectivo, mediante oposición libre, para a selección de arquitecto/a técnico para o desenvolvemento das funcións e tarefas específicas da especialidade profesional correspondente, como funcionario interino, conforme o artigo 10.d) do real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o TRLEBE, por un prazo de 6 meses.

Bases da convocatoria: Bases BOP 142 30/07/2019

Resolución lista de admitidos, nomeamento do tribunal e data de celebración da primeira proba:
Resol. 413/2019 Lista de admitidos, tribunal e data de examen
A primeira proba celebrarase o 23/08/2019, na sala de conferencias da Casa da Cultura de Cee, ás 10:15 horas. Os aspirantes deberán asistir provisto do seu D.N.I. (orixinal).

———————————————————————————————————————————————————-

Exame 1ª proba e plantilla coas respostas: ExamePlantilla respostas
Acta da 1ª proba, puntuacions obtidas, data da 2ª proba e candidatos convocados: ACTA EXERCICIO 1

A Segunda Proba terá lugar o o día 10 de setembro de 2019, ás 10:00 horas, no terceiro andar da Casa da Cultura de Cee, sita na rúa Paseo Alcalde Pepe Sánchez, 9 – 15270 – Cee (A Coruña)

———————————————————————————————————————————————————-

Acta da 2ª proba, puntuacións totais obtidas no proceso selectivo e candidato proposto: ACTA EXERCICIO 2 (Data publicación no taboleiro municipal: 11/09/2019)

O candidato proposto/a, de conformidade coa Base Novena que rixe o proceso de selección, achegará no prazo de tres (3) días hábiles, contados a partir desta publicación, a mesma documentación presentada para participar no proceso selectivo debidamente compulsada, así como o certificado ou informe médico acreditativo do disposto na base segunda a.6.b).

———————————————————————————————————————————————————-

Decreto nomeamento arquitecto técnico municipal como funcionario interino: Decreto nomeamento


Deixa un comentario

TurismoCee