Quen pode presentar unha solicitude
Persoas desempregadas, non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación, inscritas na Oficina de Emprego que lle corresponda, e que ademais cumpran os seguintes requisitos:
- Ter cumpridos os 16 anos de idade.
- Estar empadroado/a en algún dos concellos do territorio do proxecto (poboación inferior a 50.000 habitantes).
- Saber ler e escribir.
- Pertencer a algún dos seguintes colectivos:
- Persoas desempregadas de longa duración (PLD).
- Xuventude menor de 30 anos non participante en accións do Programa Operativo de Emprego Xuvenil (POEJ).
- Persoas maiores de 55 anos.
- Persoas con certificado de discapacidade sen impedimento físico ou psíquico que lle impida o normal desenvolvemento das accións formativas e da profesión á que vai asociada esa formación.
- Persoas inmigrantes.
- Persoas pertencentes a minorías étnicas e comunidades marxinadas.
- Outros colectivos desfavorecidos como: participantes que viven en fogares compostos dun único adulto con fillos ao seu cargo; persoas sen fogar ou afectadas pola exclusión en materia de vivenda; vítimas de violencia de xénero; vítimas de discriminación por orixe racial ou étnico, orientación sexual e identidade de xénero; solicitantes de asilo; persoas con problemas de adicción; persoas reclusas e ex reclusas; perceptoras de rendas mínimas ou salarios sociais; persoas con fracaso ou abandono escolar.
- Outras persoas en situación de vulnerabilidade acreditada por un informe dos Servizos Sociais Municipais.
Como e onde facer o proceso
De forma telemática.
Nos concellos (Orientación Laboral)
Prazo de presentación: do día 14 de Abril, ás 14:00H do 5 de Maio 2021. |
Non se admitirán inscricións que non vaian acompañadas da documentación requirida ou esta non sexa lexible ou se corresponda coa información solicitada.
ACCIÓN FORMATIVA | HORAS | SEDE | CONCELLO |
Competencias clave nivel 2: Comunicación en lingua castelá e matemática | 240 |
ACERTA FORMACIÓN SLNE Rúa Raíces de abaixo, 6, baixo |
CEE |
240 |
EL ÁBACO Avenida do Xeral Vidal Ríos, 12 |
BAIO, ZAS | |
240 |
ENSINO SL Av. da Habana, 119 |
AS PONTES | |
240 |
Escola de Finanzas S.L. (EFFUTURE) Rúa Salvador de Madariaga, 50 |
OLEIROS | |
240 |
FORMA-TEC MULTISECTORIAL SLNE Pol. Ind. Francisco Quintá, nave 26 traseira. A Picaraña |
PADRÓN | |
240 |
GRUPO ATHENEA Rúa Mediodía, 4 |
ORDES | |
240 | Edificio Multiusos Praza das Universidades | MELIDE | |
240 |
Casa da Cultura Carreira de San Mauro, 11, |
NEGREIRA |
ACCIÓN FORMATIVA |
HORAS | SEDE | CONCELLO |
Competencias clave nivel 3: Comunicación en lingua castelá e matemática | 400 |
FORMA-TEC MULTISECTORIAL SLNE Pol. Ind. Francisco Quintá, nave 26 traseira. A Picaraña |
PADRÓN |
400 |
Escola de Finanzas S.L. (EFFUTURE) Rúa Salvador de Madariaga, 50 |
OLEIROS |
- Formulario, declaración e compromiso debidamente cumprimentado e asinado (descargar modelo).
- Documento Nacional de Identidade (DNI) ou Número de Identificación de Estranxeiros (NIE) no seu caso (non necesario se a solicitude é telemática en nome propio).
- Certificación emitida polo SEPE de estar inscrita como persoa desempregada.
- No caso da mocidade (menores de 30 anos), certificado de inscrición no sistema de garantía xuvenil
- Certificado ou Volante de empadroamento.
- Documento acreditativo ou informe emitido polos servizos sociais municipais que confirme a situación de vulnerabilidade, cando corresponda.
- Documento de concesión de prestacións sociais e/ou económicas (RISGA, PNC, pensión contributiva, rendas activas de inserción, prestación por desemprego, subsidio por desemprego, etc.)
- Certificado emitido polo SEPE de non figurar como beneficiario de prestación ou subsidio de desemprego
- Declaración responsable da solicitante de non percibir rendas ou ingresos mensuais, iguais ou superiores ao 75% do IPREM vixente
As persoas participantes nos itinerarios de PEL Emprego Sustentable no Ámbito Rural terán dereito á percepción dunha axuda económica en forma de bolsa se carecen de rendas ou ingresos de calquera natureza, iguais ou superiores en cómputo mensual ao 75% do IPREM vixente cada ano, segundo o establecido na lei de Orzamentos Xerais do Estado.
Para poder percibir esta axuda, a persoa participante deberá completar o itinerario de formación, obtendo o diploma acreditativo ou o certificado de profesionalidade que corresponda, admitindo so ausencias xustificadas de ata o 10% das horas totais da duración.
No caso de ausencias superiores ao 10%, aínda que foran xustificadas, non se considerará completado o itinerario formativo e perderase o dereito á obtención da bolsa económica.
Unha vez determinado o número total de horas de asistencia de cada persoa participante, a deputación da Coruña , aboará, nun único pago, as axudas que correspondan a aquelas que completen o itinerario e cumpran os requisitos para a súa obtención.
Bos días, me poden facilitar o correo para facer a inscripción.
Moitas grazas
Pode contactar coa orientadora laboral do concello de Cee en orientacion.laboral@cee.gal para que lle indique os pasos a seguir para a realización da inscrición.
Por favor quiero hacer el curso de competencias claves en oleiros. Coruña..de verdD lo necesito para mejorar mi calidad de trabajo
Excelente apoyo ,,lo necesitamos,