O 12 de abril de 2018 en Cee terá lugar a Xornada gratuita “Emprender dende a fórmula do cooperativismo”. Será na Casa da Cultura de 16 a 19h. Entrada gratuita.
OBXECTIVOS
Este obradoiro pretende amosar as ventaxes e particularidades da fórmula cooperativa como modelo empresarial máis acreditado para emprender nos momentos actuais. Este obradoiro persigue os seguintes obxectivos:
- Achegar o modelo cooperativo a persoas desempregadas e persoas que están a buscar unha alternativa de autoemprego.
- Dar a coñecer o modelo cooperativo: as súas características e particularidades.
- Achegar aos participantes experiencias reais de cooperativas.
- Mostrar os recursos e ferramentas a disposición do impulso ao cooperativismo.
PÚBLICO OBXECTIVO
Persoas desempregadas e persoas que están a buscar unha alternativa de autoemprego.
PROGRAMA DA XORNADA
16:00h Benvida e presentación da Rede Eusumo
16:20h Coñecendo a fórmula empresarial cooperativa.
- As cooperativas como modelo empresarial: características e particularidades das cooperativas, entorno cooperativo, principio e valores cooperativos.
- Tipos de cooperativas: escollea que mellor se adapte as vosas necesidades e expectativas.
- Diferencias con outras fórmulas xurídicas.
17:30h Experiencia de éxito cooperativo
Preguntémoslles aos cooperativistas que pensan da súa experiencia.
18:00h Pausa
18:20h Ferramentas e apoios existentes para o cooperativismo
- Que precisades para crear a vosa cooperativa
- Quen e como che poden axudar a crear unha cooperativa
- Como poderías aproveitar as subvencións e incentivosespecíficos dos que gozas as cooperativas
19:00h Peche do obradoiro
INSCRICIÓN
Xornada gratuíta. Pódeste inscribir ata o día anterior no 981 558 008
eusumo.emprego@xunta.gal
Máis info www.eusumo.gal ou no concello de Cee orientacion.laboral@cee.