Proceso selectivo para a contratación dos integrantes da Brigada de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais 2018

O 8 de xuño de 2018, saíu publicada no Boletín Oficial da Provincia da Coruña a convocatoria do proceso selectivo para a contratación temporal dun peón conductor e tres peóns integrantes da Brigada de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais 2018.

Mediante Resolución da Alcaldía núm. 330/2018, de data 4 de xuño de 2018, aprobáronse as bases que rexen a convocatoria e o proceso de selección en réxime laboral temporal dun peón conductor e tres peóns integrantes da Brigada de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais 2018.

O prazo de presentación de solicitudes é de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación das Bases no BOP.

Consulta o texto íntegro das bases da convocatoria:

 

ACTUALIZACIÓN 12/06/2018

 

O 11 de xuño sae publicado no BOP da Provincia da Coruña que mediante Resolución da Alcaldía núm. 330/2018, de data 4 de xuño de 2018, aprobáronse as bases que rexen a convocatoria e o proceso de selección en réxime laboral temporal dun capataz integrante da Brigada de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais 2018.

O prazo de presentación de solicitudes é de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación das Bases no BOP.

Consulta o texto íntegro das bases da convocatoria:

 

ACTUALIZACIÓN 4/07/2018

Listado provisional admitidos e excluidos Peón conductor e peóns

Segundo establecen as bases da convocatoria a subsanación de documentación poderá realizarse dende o 04/07/2018 ata o 17/07/2018 e presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de 9 a 13.30 horas (rúa Domingo Antonio de Andrade, s/n, 15270 Cee, A Coruña) ou na forma prevista nas Leis 39/2015, de 1 de octubre, del Procedimiento Administrativo Común de las Administraciones Públicas e 40/2015, de 1 de octubre, de Régimen Jurídico del Sector Público.

Non obstante, no caso de non presentarse a instancia no rexistro xeral do Concello, deberá anticiparse a presentación da solicitude de participación, a través de calquera medio que permita deixar constancia (fax, telegrama etc…) que deberá ter entrada no rexistro do Concello antes de que remate o prazo e hora fixados como o último día para a presentación de solicitudes.

Listas definitivas admitidos e excluidos capataz

PROBA FÍSICA

12 de xullo de 2017 ás 09:00 h. no Estadio municipal de fútbol San Paio de Refoxos (Xallas – 15270 Cee – A Coruña).

FASE OPOSICIÓN. PROBA ESCRITA

12 de xullo de 2017 ás 11:00 h. no 3º andar da Casa de Cultura de Cee (Paseo Alcalde Pepe Sánchez, 9 – 15270 – Cee – A Coruña).

ACTUALIZACIÓN 18/07/2018

Listaxe definitiva de admitidos e excluídos no proceso de selección en réxime laboral temporal dun peón condutor e tres peóns integrantes da brigada de prevención e defensa contra incendios forestais

PROBA FÍSICA: 23 de xullo de 2018 ás 09:00 h. no Estadio municipal de fútbol San Paio de Refoxos (Xallas – 15270 Cee – A Coruña) para a realización da proba física.

PROBA ESCRITA: 23 de xullo de 2018 ás 11:00 h. no 3º andar da Casa de Cultura de Cee (Paseo Alcalde Pepe Sánchez, 9 – 15270 – Cee – A Coruña) para a realización da proba establecida da fase de oposición.

ACTUALIZACIÓN 24/07/2018

Lista de puntuacións nas distintas fases e puntuación acadada no proceso selectivo de PEÓN e PEÓN CONDUCTOR para a Brigada de Prevención e defensa contra incendios forestais 2018

Lista provisional de seleccionados e reservas 

RECLAMACIÓNS
Entre o 24/07/18 e o 27/07/2018 no Rexistro municipal ou na forma prevista na Lei

Deixa un comentario

TurismoCee