Proceso selectivo para a contratación dun técnico cultural en Cee

Facebooktwittergoogle_plusmail

Publicadas no Boletín Oficial da Provincia da Coruña as Bases da convocatoria e proceso de selección en réxime laboral temporal dun técnico en xestión cultural.

Con data do 5 de decembro de 2018, mediante resolución da alcaldía nº751/2018, aprobáronse as bases para a formación dunha bolsa de emprego para a selección, baixo a modalidade de contratación laboral temporal, por obra ou servizo determinado, a xornada completa, dun técnico/a de xestión cultural.

As instancias dirixiranse ó Alcalde do Concello de Cee e presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de 9 a 13.30 horas, situado na rúa Domingo Antonio de Andrade, s/n, 15270 Cee, A Coruña, ou na forma prevista nas Leis 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público, no prazo de tres (3) días hábiles, contados a partir do seguinte ó de publicación das Bases no BOP, nos modelos normalizados que figuran como anexos a estas bases.

Non obstante, no caso de non presentarse a instancia no rexistro xeral do Concello, deberá anticiparse a presentación da solicitude de participación, a través de calquera medio que permita deixar constancia (fax, telegrama etc…) que deberá ter entrada no rexistro do Concello antes de que remate o prazo e hora fixados como o último día para a presentación de solicitudes.

Consulta o texto íntegro das bases:

ACTUALIZACIÓN 19/12/2018

Listado de admitidos 

EXAMEN
Convócase aos candidatos admitidos e aos membros do tribunal para a realización das fases de oposición e de concurso o día 21/12/2018 ás 10:00 horas, no terceiro andar da Casa de Cultura de Cee.

 

ACTUALIZACIÓN 20/12/2018

Rectificación lista definitiva de admitidos

 

ACTUALIZACIÓN 21/12/2018

Puntuacións e lista de candidatos

 

Deixa un comentario