SOLICITUDE DE CITA PREVIA NA REDE DE OFICINAS DE EMPREGO DA XUNTA DE GALICIA

A reapertura realizarase en plenas condicións de seguridade e saúde despois da implementación da Guía de recomendacións de seguridade e saúde fronte ao coronavirus Covid-19, específica para oficinas de emprego, elaborada polo Instituto de Seguridade e Saúde de Galicia (ISSGA).

 

 

 

 


Entre outras medidas, instaláronse biombos protectores, dispensadores automáticos de hidroxel na entrada de todas as oficinas e, de xeito obrigatorio, todas as persoas que accedan ás oficinas deberán portar unha máscara.

Ademais, para garantir un adecuado control de aforo e organizar de forma axeitada os servizos á cidadanía, a atención presencial realizarase exclusivamente a través do sistema de cita previa.

Os trámites para os que está habilitada a cita previa presencial son os seguintes:

  • Inscrición inicial da demanda de emprego, para aquelas persoas que nunca estivesen inscritas como demandantes.
  • Modificación, actualización e outros trámites relativos á túa demanda de emprego, así como obtención de informes.
  • Orientación, asesoramento e acreditación da busca activa de emprego para a solicitude de subsidios ou outras rendas.
  • Formación para emprego (cursos ou obradoiros de emprego).
  • Tramitación de ofertas de emprego ou programas de emprego.
  • Comunicación de contratos de traballo.

 

Accede ao seguinte enlace e solicita cita previa na túa oficina de emprego

 

Solicitude cita previa Video presentación cita previa

IMPORTANTE:

Se necesitas axuda na xestión da túa cita previa, podes contactar co número de atención telefónica 012.

Lembra que, como medida para favorecer ás persoas demandantes de emprego e evitar desprazamentos, a renovación da demanda non será necesaria ata a partir do día 30 de setembro.

 

Por último, seguiremos fomentando a atención telemática e telefónica para que poidas realizar os teus trámites sen desprazamentos nin esperas innecesarias.

 

Accede aquí aos servizos telemáticos para persoas demandantes de emprego:

Acceso páxina servizos telemáticos

Deixa un comentario

TurismoCee