ACTUALIZADO 01/06/2026. Galicia Suma Talento. Rural Activo

Recibida resolución de concesión da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración en relación ao expediente TR351G-2026-00000050-01, pola que se concede ao Concello de Cee unha subvención para a contratación de tres traballadores ao abeiro da Orde do 22 de xaneiro de 2026 pola que se establecen as bases que regulan as subvencións para o fomento do emprego no medio rural, programa Galicia Suma Talento: Rural Activo, e se procede á súa convocatoria para o exercicio do ano 2026 (código de procedemento TR351G) (DOG nº 24 do 5 de febreiro de 2026).

Visto que a orde de convocatoria establece:

“As entidades beneficiarias da subvención solicitarán as persoas traballadoras que necesiten mediante a presentación de oferta de emprego na oficina pública de emprego, nos modelos normalizados para o efecto, facendo referencia aos requisitos e características que deben reunir as persoas traballadoras que se contratarán para o adecuado desempeño das funcións inherentes aos postos de traballo ofertados…”

Este Concello procederá á contratación, dentro do programa GALICIA SUMA TALENTO: RURAL ACTIVO 2026, unha vez publicadas as bases do proceso selectivo na Sede Electrónica, de tres traballadores para o desenvolvemento do servizo “Brigada de obras e servizos de mantemento e conservación 2026”, a través de oferta de emprego presentada ante o Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG) de Cee.

Características da contratación:

• Modalidade: contrato de traballo vinculado a programas de políticas activas de emprego.
• Duración: nove (9) meses.
• Nº de traballadores: 3.
• Categoría profesional: Peóns forestais e da caza (CNO 9543).
• Selección de candidatos: mediante oferta de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia.
• Funcións: labores relacionadas coa prevención de incendios, limpeza e mantemento de montes, rozas, conservación de espazos naturais, apertura e mantemento de camiños forestais e outras actuacións de conservación e mantemento no medio rural.

 

Bases GALICIA SUMA TALENTO. RURAL ACTIVO 2026

Nos próximos días o Concello de Cee procederá a presentar no SEPE oferta para a contratación de tres traballadores ao abeiro da convocatoria APROL 2025 (Peón forestal, nove meses, xornada completa)

ACTUALIZADO 21/05/2026

Galicia Suma Talento. Rural Activo.  Anuncio candidatos remitidos oferta de emprego e apertura prazo pres. solicitudes

ACTUALIZADO 28/05/2026

Acta I. Constitución tribunal e listas admitidos TR351G 2026

Deixa un comentario