ACTUALIZADO 03/04/2024: Bolsa de Emprego Funcionario Interino: Auxiliar Administrativo

Mediante Resolución da Alcaldía número: 118/2024 de data: 12 de febreiro de 2024, aprobáronse as bases para a formación dunha bolsa de emprego para provisión, mediante funcionario/a interino/a, da praza de auxiliar administrativo do Concello de Cee, o que se fai público para o seu coñecemento e aos efectos oportunos.

Bases para a formación dunha bolsa de emprego para a provisión, mediante funcionario/a interino/a, da praza de auxiliar administrativo/a do concello de Cee. 

Bases para a formación dunha bolsa de emprego para a provisión, mediante funcionario/a interino/a, da praza de auxiliar administrativo/a do concello de Cee. 

Presentación de instancias

As instancias, dirixiranse a alcaldesa do Concello e presentaranse no Rexistro Xeral, durante o prazo de dez (10) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio ou bases no BOP. Poderán así mesmo remitirse na forma determinada na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Con respecto ás solicitudes que se presenten nalgunha das formas establecidas no artigo 16.4. apartados b), c) e d), deberán comunicar esta circunstancia ao Concello antes do remate do prazo de presentación de instancias mediante o envío da instancia debidamente selada na oficina ou organismo correspondente á conta de correo correo@cee.gal co asunto “PROCESO AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A INTERINO/A PARA CONSTITUCIÓN BOLSA”. Os aspirantes que non acrediten a presentación da solicitude coa correspondente imposición poderán ser excluídos do procedemento. Esta regra rexerá igualmente para calquera outra documentación que deba presentarse polo interesado nas demais fases do procedemento.
Xunto coa instancia debidamente asinada (ANEXO I) solicitando participar no proceso deberá presentarse a seguinte documentación:
a) Copia documento nacional de identidade (DNI), NIE, pasaporte ou documento equivalente válido en Dereito.
b) Copia título esixible, ou en condicións de obtelo, na data en que termine o prazo de presentación de instancias; a citada titulación será o Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou equivalente.
c) Para a valoración da fase de concurso, como requisito necesario, os aspirantes deberán achegar un índice que, resumindo a experiencia profesional e formación alegadas, na que se exprese de forma ordenada a puntuación total e as parciais de cada sección e apartado, sumando as que consten individualizadas para cada mérito, segundo os criterios destas Bases. O referido índice precederá ao conxunto de documentos xustificativos que resultan necesarios. De tratarse dunha titulación obtida no estranxeiro, deberá achegarse documento que acredite de maneira fidedigna a súa homologación polas autoridades españolas.
d) Copia do certificado de aptitude do Celga 4 ou superior ou do curso de aptitude equivalente ou ben a validación correspondente. No suposto de non posuír este certificado ou título equivalente o aspirante deberá superar a proba de coñecemento do idioma galego establecida nestas bases.

ACTUALIZADO 03/04/2024

Listas provisionais de admitidos e excluidos Bolsa de emprego auxiliar administrativo 2024

Deixa un comentario

TurismoCee