ACTUALIZADO 01/12/2021: BOLSA DE EMPREGO TÉCNICO ESPECIALISTA EN XARDÍN DE INFANCIA

BASES PARA A FORMACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO PARA A SUBSTITUCIÓN DO POSTO DE TÉCNICO ESPECIALISTA EN XARDÍN DE INFANCIA, EN SUPOSTOS DE AUSENCIA, INCAPACIDADE E SITUACIÓNS ANÁLOGAS DA TITULAR. 

Obxecto da convocatoria.

É obxecto das presentes bases regular o proceso de selección dun/ha especialista en xardín de infancia para substitución en supostos de ausencia, incapacidade e situacións análogas da titular do posto, creándose unha bolsa de traballo da que formarán parte aqueles/as aspirantes que fosen seleccionados, co fin de cubrir ditas necesidades.

A bolsa de emprego non xerará por sí mesma dereito algún fronte ao Concello e, por tanto, non producirá relación xurídica algunha co mesmo. Só ten o efecto de poder ser chamado polo Concello segundo a orde obtida na bolsa de emprego, en caso de necesidade.

O recurso á dita bolsa de emprego, para a incorporación do persoal laboral temporal pretendido, adecuarase e aterase aos criterios, requisitos, supostos e modalidades contractuais previstos pola normativa aplicable, ao efecto, en cada momento, e, concretamente, e segundo o marco normativo actualmente vixente, ao disposto nos artigos 11 do Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público (TRLEBEP) e 27 da LEPG; no Estatuto dos Traballadores; e no artigo 19. catro da Lei de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2021 (ou previsións normativas concordantes e/ou substitutivas dos mesmos).

Deberá figurar no expediente a descrición e xustificación da necesidade laboral cuxa cobertura se pretenda, acreditando a efectiva concorrencia dos supostos e circunstancias exepcionais que, segundo a normativa vixente no momento, permitirían a incorporación de persoal laboral temporal. Con acreditación, así mesmo, por parte da Intervención Municipal, da existencia de crédito adecuado e suficiente.

Todas as referencias á Alcaldía contidas nas presentes bases específicas, entenderanse feitas ao órgano municipal que, de ser caso, e por delegación desta, teña asumido as competencias na materia.

Presentación de instancias.

As instancias para tomar parte neste proceso selectivo presentaranse conforme ao modelo que figura como Anexo I, no Rexistro Xeral do Concello, en horario de atención ao público de 9.00 a 13.30 h. e no prazo de 10 días hábieles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación das bases no BOP.

Igualmente, ditas instancias poderanse presentar por calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (ou naqueoutras previsións normativas concordantes e/ou substitutivas deste artigo). Neste caso comunicarase ao Concello a remisión da instancia dentro do prazo de presentación de instancias por correo electrónico ao enderezo: correo@cee.gal, ou por calquera outro medio polo que quede debidamente acreditado, achegando copia do resgardo da presentación da instancia, indicando como asunto: BOLSA DE EMPREGO – TÉCNICO ESPECIALISTA EN XARDÍN DE INFANCIA.

Bases íntegras da convocatoria para a formación dunha bolsa de emprego para a substitución do posto de técnico especialista en xardín de infancia en supostos de ausencia, incapacidade e situacións análogas da titular

Bases íntegras da convocatoria para a formación dunha bolsa de emprego para a substitución do posto de técnico especialista en xardín de infancia en supostos de ausencia, incapacidade e situacións análogas da titular

Anexos I Bolsa de Emprego Técnico en Xardín de Infancia

Anexos I Bolsa de Emprego Técnico en Xardín de Infancia

Prazo de presentación de instancias: do 03 de agosto ata o 17 de agosto de 2021 (ambos inclusive)

ACTUALIZADO 16/09/2021

Lista provisional de admitidos e excluídos selección técnico/a especialista en xardín de infancia.

Lista provisional de admitidos e excluídos selección técnico/a especialista en xardín de infancia.

Lista persoas exentas e non exentas proba galego, bolsa de emprego: Técnico/a especialista en Xardín de Infancia.

Lista persoas exentas e non exentas proba galego, bolsa de emprego: Técnico/a especialista en Xardín de Infancia

Prazo de subsanación: do 17 de setembro ata o 30 de setembro de 2021 (ambos inclusive)

ACTUALIZADO 12/11/2021

Listas definitivas e convocatoria da data de exame. 

Listas definitivas e convocatoria da data de exame. 

Realización da proba da fase de oposición o día 29/11/2021 ás 09:30 horas, no 3º andar da Casa de Cultura de Cee. 

ACTUALIZADO 30/11/2021

 Respostas ao cuestionario do 1º Exercicio da Fase de Oposición

Respostas ao cuestionario do 1º Exercicio da Fase de Oposición

ACTUALIZADO 01/12/2021

Puntuacións provisionais do primeiro exercicio da fase de oposición do proceso de selección: Técnico especialista en xardín de infancia.

Puntuacións provisionais do primeiro exercicio da fase de oposición do proceso de selección: Técnico especialista en xardín de infancia.

Prazo de alegacións: Ata o día 7 de decembro de 2021

2 comentarios en “ACTUALIZADO 01/12/2021: BOLSA DE EMPREGO TÉCNICO ESPECIALISTA EN XARDÍN DE INFANCIA”

Deixa un comentario

TurismoCee