Convocatoria para a selección dun oficial de 2ª e dous oficiais de 2ª/condutor para a realización de obra e servizos mínimos municipais.
CONTRATACIÓN DUN OFICIAL DE 2ª E DOUS OFICIAIS DE 2ª/CONDUTOR PARA A REALIZACIÓN DE OBRAS E SERVIZOS MÍNIMOS MUNICIPAIS 2021
Contrato de duración determinada a tempo parcial por obra ou servizo, tipo 501.
Categoría profesional: OFICIAL DE SEGUNDA
Duración: Sete meses ou ata o 31/12/2021.
N.º de traballadores: 3 (un oficial de 2ª e dous oficiais de 2ª/condutor)
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
Prazo de presentación de solicitudes dende o 21/04/2021 ata o 04/05/2021 |
DOCUMENTACIÓN A APORTAR:
OBRIGATORIA:
- Solicitude nos modelos normalizados que figuran como anexos a estas bases.
- Documentación acreditativa de estar en situación de desemprego na data de inicio do proceso selectivo (Tarxeta de desemprego, certificado de períodos de inscrición, …)
- Documentación acreditativa de atoparse nalgunha das situacións de exclusión social sinaladas no punto 7 do artigo 5 destas bases:
- Mulleres.
- Maiores de 45 anos.
- Persoas desempregadas de longa duración. Para os efectos deste programa terán esta consideración aquelas persoas que leven un mínimo de dous anos como demandantes de emprego.
- Persoas con discapacidade.
- Persoas que vivan nun fogar no que ninguén teña emprego.
- Persoas con fogar monoparental.
- Persoas con problemas para atopar emprego polo idioma ou cuestións socioculturais.
- Persoas vítimas de violencia de xénero.
- Persoas sen fogar.
- Persoas en situación de drogodependencia
- No caso de presentar solicitude para o posto de oficial de 2ª/condutor acreditar segundo establece o real decreto 818/2009 de 8 de maio de 2009 polo que se aproba o regulamento xeral de condutores.
- Estar en posesión do permiso de condución B se a data do mesmo é anterior ao 8 de decembro de 2009.
- Estar en posesión do permiso de condución C1+E se a data do mesmo é posterior ao 8 de decembro de 2009
VOLUNTARIA:
Experiencia profesional:
Certificado de vida laboral expedido pola Tesourería Xeral de Seguridade Social acompañada de documentación acreditativa da categoría na que se teñen prestado os servizos e/ou contrato de traballo. (Vida laboral + contrato de traballo)
Formación:
Formación específica, debidamente acreditada e homologada, relacionada co posto de traballo, impartida por administracións públicas ou por entidades e organismos autorizados.
Participación en programas de capacitación, formación e integración no mercado laboral organizados e/ou financiados polas Administracións Públicas.
A acreditación dos cursos/programas formativos realizarase mediante o correspondente certificado da súa realización.
ACTUALIZADO 07/05/2021
Listaxe definitivo de admitidos e excluídos e convocatoria da proba práctica para a contratación dun oficial de 2ª e dous oficiais de 2ª/condutor.
Data de publicación do decreto no taboleiro: 07/05/2021
Convocar aos candidatos admitidos o xoves, 13/05/2021 no Antigo Instituto Agra de Raíces de Cee sito na rúa Buenaventura Castro Rial,s/n – 15270 – Cee (A Coruña) para a realización da proba práctica da fase de oposición. OFICIAIS 2ª: 10:00 horas OFICIAIS 2ª/CONDUTOR: 12:00 horasOs aspirantes deben acudir provistos do seu DNI orixinal e máscara para a prevención ante a COVID-19 |
ACTUALIZADO 12.05.2021
Puntuación Fase Concurso. Proceso selectivo para a contratación dun oficial de 2ª e 2 oficiais de 2ª/condutor.
Prazo de alegacións: Do 13/05/2021 ao 27/05/2021 |
ACTUALIZADO 13.05.2021
Puntuación Fase Oposición, puntuación final e proposta de selección no proceso selectivo para a contratación dun oficial de 2ª.
Puntuación Fase Oposición, puntuación final e proposta de selección no proceso selectivo para a contratación dun oficial de 2ª/conductor.
Segundo establecen as bases, “os aspirantes propostos/as achegarán no prazo de tres días hábiles contados a partir da publicación da listaxe de persoas aprobadas os orixinais/copias compulsadas da documentación aportada ao proceso.
Prazo de alegacións: Del 14/05/2021 al 28/05/2021 |
MÁIS INFORMACIÓN
Bases: Bases Oficial de Segunda 2021
Anexo IA: Oficial Segunda 2021 (PDF)
Anexo IB: Oficial Segunda/Condutor 2021 (PDF)