Convocatoria para a contratación de seis traballadores que se realizará a través da Oficina de Servizo Público de Emprego de Cee.
CONTRATACIÓN DE CATRO PEÓNS, UN OFICIAL DE 2ª E UN OFICIAL DE 2ª/CONDUTOR PARA A REALIZACIÓN DE OBRAS E SERVIZOS MÍNIMOS MUNICIPAIS 2022
Categoría profesional: PEÓN, OFICIAL DE SEGUNDA
Duración: 5 meses e 22 días ou ata o 31/12/2022
N.º de traballadores: 6 (4 peóns, 1 oficial de 2ª e 1 oficial de 2ª/condutor)
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR
Os candidatos remitidos pola oficina de emprego deberán aportar a seguinte documentación:
a) Obrigatoriamente
Solicitude nos modelos normalizados que figuran como anexos a estas bases.
Documentación acreditativa de estar en situación de desemprego na data de inicio do proceso selectivo (Tarxeta de desemprego, certificado de períodos de inscrición, …)
Documentación acreditativa da experiencia mínima solicitada
No suposto de estar exento de realizar a proba de galego. Acreditación de estar en posesión do CELGA 1 ou ter superado o curso de perfeccionamento en lingua galega ou nivel equivalente.
Documentación acreditativa de atoparse nalgunha das situacións de exclusión social sinaladas no punto 7 do artigo 5 destas bases.
o Mulleres, ao ter un diferencial de índice de paro rexistrado sensiblemente superior ao dos homes.
o Maiores de 45 anos.
o Persoas desempregadas de longa duración. Para os efectos deste programa terán esta consideración aquelas persoas que leven un mínimo de dous anos como demandantes de emprego.
o Persoas con discapacidade: aquelas persoas que teñan recoñecida, pola administración competente, unha discapacidade nun grao igual ou superior ao 33%.
o Persoas en situación de drogodependencia.
o Persoas que vivan nun fogar onde ninguén teña emprego.
o Persoas con fogar monoparental.
o Persoas con problemas para atopar emprego polo idioma ou cuestións socioculturais.
o Persoas vítimas de violencia de xénero.
o Persoas sen fogar
ACTUALIZADO 21/03/2022
Decreto aprobación de listas e convocatoria de probas PEL Concellos 2022
Presentación da documentación: 23/03/2022 ás 9.00 h. no Antigo Instituto de Raíces (Rúa Buenaventura Castro Rial) Proba de coñecemento do galego (CELGA 1): 23/03/2022 ás 9.45 h. no Antigo Instituto de Raíces (Rúa Buenaventura Castro Rial) Proba práctica peón: 23/03/2022 ás 10.30 h. no Antigo Instituto de Raíces (Rúa Buenaventura Castro Rial) Proba práctica oficial de 2ª: 23/03/2022 ás 11.30 h. no Antigo Instituto de Raíces (Rúa Buenaventura Castro Rial) Proba práctica oficial de 2ª condutor: 23/03/2022 ás 12.30 h. no Antigo Instituto de Raíces (Rúa Buenaventura Castro Rial) |
ACTUALIZADO 23/03/2022
Puntuacións provisionais contratación de 4 peóns, oficial de 2ª e oficial de 2ª/condutor. PEL Concellos 2022
Prazo de subsanación/alegacións: 24/03/2022 |
ACTUALIZADO 25/03/2022
Lista definitiva e proposta de candidatos para a contratación de 4 peóns. PEL Concellos 2022
Lista definitiva e proposta de candidatos para a contratación de un oficial de 2ª e un oficial de 2ª/condutor. PEL Concellos 2022
MÁIS INFORMACIÓN
Bases do Proceso Selectivo para a Contratación dun oficial de segunda e un oficial de segunda/condutor para a realización de obras e servizos mínimos municipais 2022
Bases do Proceso Selectivo para a Contratación de catro peóns para a realización de obras e servizos mínimos municipais 2022.