TR350E 2026 – Contratación de persoas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil

O Concello de Cee desenvolve unha actuación de fomento do emprego destinada a proporcionar experiencia e práctica profesional a persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, favorecendo a mellora da súa empregabilidade e a súa inserción laboral.

A actuación consiste na contratación dunha persoa traballadora como peón de obras públicas, persoal de limpeza e mantemento xeral (CNO 9601, grupo de cotización 10), a xornada completa durante nove meses.

A subvención concedida ascende a 16.902,64 €.

Obxectivos da operación

  • Mellorar a empregabilidade e favorecer a inserción profesional das persoas mozas beneficiarias do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
  • Proporcionar experiencia e práctica profesional mediante a realización dun traballo efectivo relacionado cos servizos municipais.

Resultados previstos

  • Contratación dunha persoa moza durante nove meses a xornada completa.
  • Adquisición de experiencia profesional mediante o desenvolvemento de traballos de mantemento xeral, obras públicas e limpeza.

Financiamento

Esta actuación está cofinanciada pola Unión Europea nun 60 %, no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, prioridade 5 «Emprego xuvenil», obxectivo específico ES04.1 e medida 5.A.02, destinada a facilitar a mellora da empregabilidade das persoas mozas desempregadas.

Deixa un comentario