ESCOLA DE MÚSICA. CURSO 2025-2026

Este curso 2025-2026 a Escola de música abrirá de novo as súas portas para acoller a todos aqueles que desexen estudiar acordeón, clarinete, frauta traveseira, gaita, guitarra, percusión, piano, saxofón, trompeta, trompa, trombón, bombardino, tuba ou violín.

Dentro da Escola poderás formar parte de todos os grupos que conviven nela: Banda de Música, grupo de vento metal, grupo de acordeóns, grupo folk, minibanda e banda de gaitas.

Renovación de matrícula. 

O prazo de renovación de matrícula para os alumnos/as que están cursando estudos neste curso 2024/2025, comprende o período do 9 ao 20 de xuño (ambos incluído). De non renovar a matrícula neste período, as súas prazas pasarán a formar parte da oferta de prazas vacantes que se ofrecerán a aquelas persoas que se matriculen por primeira vez na Escola.

Alumnos de novo ingreso. 

Rematado o prazo de renovación de matrículas, publicarase no taboleiro de anuncios da Escola de Música, o día 26 de xuño, a oferta de prazas vacantes para alumnos/as de novo ingreso.

Prazo para a reserva de prazas vacantes dende o 27 de xuño ata o 9 de xullo  (ambos incluídos). Para a súa adxudicación terase en conta a orde de entrada das solicitudes.

Prazo de matrícula alumnos/as de novo ingreso:

Do 16 de xullo ata 1 de agosto de 2025 (ambos incluídos)

Unha vez transcurrido o prazo de matriculación, todas aquelas persoas que non formalizaran a mesma, perderán todos os seus dereitos como alumnos/as e pasarán, en caso de solicitado, á lista de espera do seu curso e materia correspondente.

PREZOS E INFORMACIÓN BÁSICA:

Á cuantía das Taxas regulada na Ordenanza Fiscal é a seguinte:

A matrícula é por curso e aboase directamente en Caixabank ou Abanca. As clases son por mes e aboanse por domiciliación bancaria trimestralmente.

Concepto Taxa
Matrícula 25
A) E.M.A. (*) 42 €/mes
B) E.M.I.Cursos 1º a 6º (**) 42 €/mes
C) Música e Movemento (nen@s 4,5,6 anos) 25 €/mes
D) Preparatorio Linguaxe (nen@s 7 anos con inst.) 35 €/mes
E) Preparatorio Linguaxe (nen@s 7 anos sen inst.) 25 €/mes
F) Só Linguaxe Musical 20 €/mes
G) Só Instrumento 32 €/mes

 

* E.M.A. (Educación Musical Adultos)

Nesta opción hai dúas modalidades:

– A.1) adultos que estudian linguaxe musical e un instrumento

– A.2) adultos que estudian harmonía/educación auditiva máis un instrumento. Esta modalidade só é valida para o alumnado que rematou o 6º curso.

De igual forma que na Educación Musical Infantil, aqueles alumnos que opten ademáis por un segundo instrumento, abonarían 20 € máis por mes.

** E.M.I. (Educación Musical Infantil-xuvenil): Os cursos de 1º a 6º son para alumnado a partir dos 8 anos. As clases inclúen linguaxe musical e un instrumento. No caso de solicitar un segundo instrumento, tería un coste a maiores de 20 € por mes.

Engadir tamén que este alumnado, desde o 3º curso ten ademáis clase de coro.

 

FORMULARIOS

Impreso Renovación Escola de Música. Curso 2025 – 2026

Impreso Renovación Escola de Música. Curso 2025 - 2026

Impreso Reserva de Praza Alumnos de Novo Ingreso. Escola de Música. Curso 2025 – 2026

Impreso Reserva de Praza Alumnos de Novo Ingreso. Curso 2025 - 2026

Impreso Formalización de matrícula alumnado de novo ingreso. Escola de Música. Curso 2025-2026

Formalización matrícula alumnado de novo ingreso. Curso 2025 - 2026

 

Deixa un comentario

TurismoCee