Actualizado 22/09/2026: Escola de teatro. Curso 2026/2027

Como cada ano en Cee, a Escola Municipal de Teatro de Cee abre o seu prazo de reserva de praza para que todas as persoas que o desexen poidan adquirir as habilidades necesarias para subirse ao escenario.

RENOVACIÓN DE PRAZA

O alumnado matriculado no curso 2025/2026 pode realizar a matrícula para este curso escolar (2026/2027) entre o 1 e o 12 de xuño de 2026 (Ámbolos dous inclusive)

ALUMNADO DE NOVO INGRESO

O día 17 de xuño publicarase no taboleiro de anuncios da Casa do Concello e na páxina web municipal (https://cee.gal) a oferta de prazas vacantes, abríndose un prazo de reserva destas prazas vacantes para o alumnado de novo ingreso, dende o 18 ata o 25 de xuño (ambos incluídos)

Para a súa adxudicación terase en conta a orde de entrada das solicitudes no rexistro municipal.

Publicación da lista de admitidos de novo ingreso e prazo para matricularse

O día 29 de xuño, publicarase no taboleiro de anuncios da Casa do Concello e na súa páxina web, o listado de  admitidos que terán do 30 de xuño ata o 10 de xullo (ambos incluídos) para formalizar a matrícula no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera medio indicado no artigo 16.4 da Lei 39/2015 LPACAP .

TAXAS:

A contía das taxas regulada na Ordenanza Fiscal correspondente é a seguinte:

– Matrícula:  10 € por curso (ingresarase directamente na conta do Concello no momento de facela matrícula)

– Curso Grupo Infantil e Xuvenil: 60 €/curso

– Curso Grupo Adultos: 100 € /curso

O cobro das taxas correspondentes ao curso realizarase en dous pagos por domiciliación bancaria ou  como determine a tesourería municipal.

Faranse efectivos na primeira quincena do meses de outubro e marzo.

ACTUALIZADO 22/09/2026: 

Presentación do curso 2026/2027 da Escola Municipal de Teatro de Cee

A Escola Municipal de Teatro de Cee inicia un novo curso e celebrará os vindeiros 5 e 6 de outubro as reunións de presentación do curso 2026/2027, no Auditorio da Casa da Cultura de Cee.

Estas sesións servirán para presentar o novo curso e facilitar ás persoas participantes a información necesaria sobre o seu desenvolvemento.

🎭 Grupo de adultos
📅 Luns, 5 de outubro
🕣 20:30 horas
📍 Auditorio da Casa da Cultura

🎭 Grupos infantil e xuvenil
📅 Martes, 6 de outubro
🕖 19:00 horas
📍 Auditorio da Casa da Cultura

Últimas prazas dispoñibles

As persoas interesadas aínda están a tempo de matricularse nas últimas prazas dispoñibles.

A matrícula poderá formalizarse no Rexistro Xeral do Concello de Cee ou por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para máis información poden dirixirse ao departamento de Cultura, na segunda planta da Casa de Cultura de Cee.

FORMULARIOS

Formulario de renovación de praza

Reserva de praza Novo Ingreso

Formulario de matrícula Novo Ingreso.

 

 

 

Deixa un comentario