Actualizado 11/07/2021. Escola Municipal de Música. Curso 2021/2022

Este curso 2021-2022 a Escola de música abrirá de novo as súas portas para acoller a todos aqueles que desexen estudiar acordeón, clarinete, frauta traveseira, gaita, guitarra, percusión, piano, saxofón, trompeta, trompa, trombón, bombardino, tuba ou violín.

Dentro da Escola poderás formar parte de todos os grupos que conviven nela: Banda de Música, grupo de vento metal, grupo de acordeóns, grupo folk, minibanda e banda de gaitas.

Renovación de matrícula. 

O prazo de renovación de matrícula para os alumnos/as que están cursando estudos neste curso 2020/2021, comprende o período do 1 ao 30 de xuño. De non renovar a matrícula neste período, as súas prazas pasarán a formar parte da oferta de prazas vacantes que se ofrecerán a aquelas persoas que se matriculen por primeira vez na Escola.

Alumnos de novo ingreso. 

Prazo para a reserva de prazas vacantes dende o 12 de xullo ata o 30 de xullo. Para a súa adxudicación terase en conta a orde de entrada das solicitudes.

Prazo de matrícula alumnos/as de novo ingreso:

Do 9 de agosto ata o 6 de setembro.

Unha vez transcurrido o prazo de matriculación, todas aquelas persoas que non formalizaran a mesma, perderán todos os seus dereitos como alumnos/as e pasarán, en caso de solicitado, á lista de espera do seu curso e materia correspondente.

Decreto de apertura de Inscrición

Decreto de apertura de Inscrición. Curso 2021 – 2022

Impreso de renovación de matrícula da Escola de Música. Curso 2021 – 2022

Impreso de renovación de matrícula da Escola de Música. Curso 2021 – 2022. 

Decreto de prazas vacantes. Curso 2021/2022

Decreto de Prazas Vacantes. Curso 2021-2022

Impreso de matrícula novos ingresos. Curso 2021 – 2022

Impreso de matrícula novo ingreso. Escola de Música curso 2021 – 2022. 

Deixa un comentario

TurismoCee