EXPOSICIÓN DE PINTURA A CARGO DE MARÍA JESÚS BARROS DIOS

A Casa de Cultura de Cee acolle unha nova exposición de pintura que poderá visitarse dende o luns 4 de novembro ata o venres 22 de novembro de luns a venres dende as 9.30 á 13.30 e de 16.30 ás 19.30 horas,
 
María Jesús Barros Dios, naceu en Santiago de Compostela, reside en Cee desde finais do ano 1994, salvo unha paréntese de dous anos que residiu en Bailén (provincia de Xaén). Precisamente sería nesta estadía andaluza onde daría os seus primeiros pasos na pintura.
 
De volta en Cee, aumentou a súa afección acudindo a clases primeiro en Corcubión e máis recentemente en Cee da man do pintor madrileño, David de Lorenzo, que conta con máis de dúas décadas de traxectoria profesional, na que ten desenvolvido diferentes proxectos de investigación teórica e plástica tanto de diferentes materiais, como técnicas e procesos pictóricos.
 
A exposición de Cee recolle os froitos do traballo de María Jesús Barros nestes últimos anos.

Deixa un comentario

TurismoCee