A piques de entrar no mes de agosto, o concello de Cee, ó igual que tantos outros repartidos por toda a xeografía peninsular, tivo que adaptar a celebración das súas festas patronais, adicadas á Virxe da Xunqueira e San Roque, ó que se deu en chamar “nova normalidade”, debido á situación sanitaria na que nos atopamos e á que ninguén somos alleos. E por iso que, estando sempre pendentes da actualidade, facemos un chamamento á responsabilidade como cidadáns para extremar as medidas tanto de distanciamento social como hixiénicas e de seguridade fronte a Covid-19. Máis isto non debe ser impedimento para que, coas medidas hixiénico-sanitarias necesarias, os veciños e veciñas de Cee poidan celebrar uns días tan especiais para todos. O programa de actividades para este ano inclúe unha serie de actuacións músicais para as que será necesario retirar antes do 15 de agosto a invitación correspondente, debido ás limitacións de aforo para manter á seguridade necesaria. E por suposto, será obrigatorio tanto o uso de máscara como a limpeza e desinfección de mans antes de cada actividade.
IMPORTANTE
Aforo limitado, espazo acotado, é preciso retirar invitación para cada actuación.
Sentados en cadeiras, mantendo a distancia.
Uso obrigatorio de máscara en todo momento.
Limpeza e desinfección de mans antes de cada actividade.
Medidas de seguridade garantizadas pola Policía Local e Protección Civil
Xoves 13.
22:00 Videoproxeción sobre a fachada do Museo Fernando Blanco. Retransmisión en streaming (Praza da Constitución. Aforo 150)
Lembrando a unha das figuras senlleiras de Cee, a do filántropo Fernando Blanco de Lema, asistiremos á estrea dunha montaxe de video que ten a Cee (ás súas xentes, paisaxes, cultura…) como gran protagonista.
Ademáis, un veciño de Cee, de gran relevancia profesional, e que está en primeira liña na investigación da Covid-19, aconsellaranos como desfrutar destas festas con seguridade.
Venres 14.
22:00 ROCIO CAAMAÑO (Concerto na Praza da Muller. Aforo 400)
A artista ceense, afincada en Madrid, presentará temas no seu novo traballo discográfico, algúns xurdidos durante o confinamento.
Sábado 15.
Pola mañá:
13.00 Charanga Santa Compaña
14.00 Banda de Música de Cee (concerto na Praza da Muller. Aforo: 400)
Pola tarde:
20.30 Banda de Música de Cee (concerto na Casa de Cultura. Aforo: 225)
22.00 GALLAECIA SMALL BAND (Concerto na Praza da Muller. Aforo: 400)
Un sonido explosivo. Unha big band doutros tempos cunha posta en escena do máis elegante.
Domingo 16.
Pola mañá
13.00 Charanga O Rumbo
14.00 Banda de Música de Ribadulla (concerto na Praza da Muller. Aforo: 400)
Pola tarde
20.30 Banda de Música de Ribadulla (concerto na Casa de Cultura. Aforo: 225)
22.00 UXÍA e SERGIO TANNUS (Concerto na Praza da Muller. Aforo: 400)
Uxía é considerada a grande dama da música galega e unha das maiores divulgadoras da súa poesía. Nos seus máis de 30 anos de carreira artística, renovou a música tradicional galega e ten publicado 12 discos polos que ten recibido importantes recoñecementos.