Un ano máis, as Festas da Xunqueria chegarán para culminar o verán da Costa da Morte. Será do 13 ao 16 de agosto.
Este ano, as festas estarán compredidas entre os días 13 e 16 de agosto. A presentación do cartel tivo lugar en rolda de prensa da man do alcalde de Cee, Ramón Vigo, a concelleira de Cultura, Deporte e Tempo Libre, Camola Díaz, e o presidente da nova Comisión de Festas, Gabriel Cespón.
NOVA COMISIÓN
A Xunqueira 2018 chega cunha nova Comisión: a asociación Xunqueira 1547 (por ser esta a data da primeira referencia que se ten da imaxe da Virxe da Xunqueira aparecida non xuncos, segundo Francisco Mayán). Esta asociación creouse “ex profeso” ante a negativa da directiva da anterior comisión de ceder os seus cargos aos novos membros, obrigando a creación doutra asociación para realizar as tarefas de organización das festas.
PROGRAMA
Luns, 13 de agosto
Pregoeiro 2018: Alberto Rodríguez Costa
O punto de partida desta Xunqueria 2018 será o 13 de agosto ás 21:30h co médico e escultor ceense Alberto Rodríguez Costa. Esta reputado ciruxano pediátrico e artista naceu en Cee no 1940 e aínda que reside dende hai anos en Pontevedra, continua vinculado a Cee e visitando a vila de maneira habitual.
Martes, 14 de agosto
17:30h. Tradicional desfile de Xigantes e Cabezudos por diversas rúas e prazas da vila. Irán acompañados dun grupo de gaitas.
23:00. Discoteca móvil Mega CDC na praza Domingo Antonio de Andrade.
00:00h. “Tributo a Sabina e Alejandro Sanz: Un paseo por la calle melancolía con el corazón partío”. Praza Domingo Antonio de Andrade.
Mércores, 15 de agosto. Día grande da Xunqueira
10:00h. Pasarrúas da Banda da Escola Municipal de Música de Cee e o grupo Rumbo de Sardiñeiro.
10:45h. Procesión de Nosa Señora da Xunqueira
13:30h, Concerto da Banda da Escola Municipal de Música de Cee, no paseo Central da Alameda. Actuación da charanga NBA na praza Domingo Antonio de Andrade.
14:30h. Actuación da charanga NBA no paseo central da Alameda. Sesión vermú coa Orquestra Compostela, na Praza Domingo Antonio de Andrade.
21:00h. Concerto da Banda Municipal de Música de Cee no Paseo Central da Alameda.
23:00h. Orquestras Compostela e Cinema, na praza Domingo Antonio de Andrade.
00:00h. Fogos de artificio de Pirotecnia Resúa.
Xoves, 16 de agosto. Día de San Roque
Actuación estelar de El Arrebato
10:00h. Pasarrúas da Banda de Santa Cruz de Rivadulla.
11:00h. Procesión de San Roque.
13:30h. Concerto da Banda de Santa Cruz de Rivadulla no Paseo Central da Alameda.
14:30h. Sesión vermú coa Orquestra Versalles na praza Domingo Antonio de Andrade.
21:00h. Concerto da Banda de Santa Cruz de Rivadulla no Paseo Central da Alameda.
23:00h. Verbena coa Orquestra Versalles na praza Domingo Antonio de Andrade.
00:00h. Actuación estelar de EL ARREBATO, na praza Domingo Antonio de Andrade.
Madre mía o q lle espera os novos componentes da comisión de festas salvo q xa se liquidase a deuda pendiente xq se non primeiro se paga o q se debe e logo si se pode facer festa
Denigrante a ubicación das festas polo Concello de Cee un ano tras outro, estación de autobuses cerrada, os viaxeiros esperando na carretera xeral sin un lugar apropiado, no medio dos coches, a auga se chove e ademáis os autobuses interrumpindo a circulación nunha carretera xeral con moito tráfico.
A parada de taxis colocada no medio da rúa, fora do seu sitio, lonxe do caseto donde teñen o teléfono central.
As inmediacións do Centro de saúde colapsadas, sin lugar para para deixar os coches os profesionais do centro q por mor do seu traballo elles necesario para poder acudir a domicilios e mesmo os pacientes q teñen dificultades de movilidade… e case sin lugar para q aparque a ambulancia.
E mentres tanto as casas dos feirantes a pé de festa como se tuveran q atender o negocio dende a casa.
Entendo q as festas sempre poden ocasionar alteración na organización dunha vila pero non ata ese punto, q se de preferencia os feirantes sobre os servicios principales da cidadania.
Lamentamos que o viviras así, Teresa. Tomamos nota destas cuestións para poder solventalas no futuro. Gracias pola opinión e discukpas pola molestias ocasionadas.
Los fuegos de este año espectaculares! Felicidades a los organizadores y pirotécnicos.
Muchas gracias, Andrea. 🙂
K pena no pude ir a las fiestas,con lo k m gusta el arrebato,tengo muy buenos recuerdos d esta fiesta cuando era joven,espero poder ir para el año,si llego alla jeje
Te esperamos el año que viene, entonces. un saludo!
Podían poñer a elección de idioma no comenzo da páxiña, no nenú e non ao final da información ( tal como está é máis complicado de atopar) Grazas
Gracias pola suxerencia, ELvira. Tentaremos poder resolvelo.