O Nadal está a piques de chegar e en Cee, como sempre, ven cargado de cultura, tradición e diversión. Sobre todo, para os máis pequenos da casa. ¡Mira, mira!
Un ano máis, a chegada do Nadal supón unha oportunidade perfecta para disfrutar da cultura na Vila de Cee. Música, teatro, maxia e, por suposto, cabalgata para animar o Nadal ceense.
PROGRAMA
Venres 15 decembro
Isabel Risco: NABIZA GIRL.
Isabel Risco trae a Cee “As aventuras de Nabiza Girl” unha superheroína do rural galego que ven disposta a que riamos este Nadal co seu monólogo para público adulto.
Este espectáculo está organizado po A.R.C.E. Pedras Miúdas.
20.30 h. Auditorio Baldomero Cores
Entrada: 3€ (2€ socios)
Sábado 16 de decembro
Encontro con Susana Gómez Castiñeira.
A deportista ceense presentará o seu libro “565 kilómetros” e falará da súa experiencia na proba de ultradistancia celebrada en Alaska este ano.
20.00 h. Auditorio Baldomero Cores
Domingo 17 de decembro
Concerto de Nadal: Coral Polifónica Atalaia de Laxe e Coral Costa da Morte.
20.00 h. Auditorio Baldomero Cores
Martes 19 de decembro
Festival de Nadal
Os alumnos da Escola de Música de Cee ofrecerán o seu tradicional concerto destas datas.
19.00 h. Auditorio Baldomero Cores
1º CAMPUS DE BALONCESTO EN INGLÉS
27, 28, 29 de decembro, 3, 4 e 5 de xaneiro
Horario de 10 a 13h
Entrenador Nativo
Entremamentos, manualidades, Speaking…
Nenos e nenas de 5 a 13 anos (grupos por idades)
Prezo: 15€ socios, 20€ non socios.
Inscripcións: Servizo de deportes do Concello de Cee ou por whatsapp: 629136817 e 607049094.
NADAL MÁXICO
Auditorio Baldomero Cores
18.00 h
Prezo por espectáculo: 2€ infantil, 3€ xeral.
Colaboran: Rede Galega de Teatros e Auditorios e AGADIC
Martes 26 de decembro
Gran Pedrini: “A chistera máxica”
18.00 horas. Auditorio Baldomero Cores
Mércores 27 de decembro
Mago Marco: “Maxia para soñar”.
18.00 horas. Auditorio Baldomero Cores
Xoves 28 de decembro
Estrelas Máxicas. Máxico Brais: “Elementos” .
18:o0h. Auditorio Baldomero Cores.
Venres 29 de decembro
A illa dos nenos. Mago Paco: “Ledicias”.
18:00h. Auditorio Baldomero Cores.
Sábado 30 de decembro
Mago Benxamín: “Mentaliti”
18.00h. Auditorio Baldomero Cores
CABALGATA DE REIS
Festa de Benvida ás SS. MM. Reis Magos de Oriente
Venres 5 de xaneiro
17.00 h
Praza da Constitución
Contarán coa visita de coñecidas personaxes de series de animación televisiva. Despois de saudar a todos os nenos no Museo Fernando Blanco percorrerán a vila na tradicional CABALGATA.