2ª Xornada sobre inclusión social e educativa do Concello de Cee

A Concellería de Presidencia, Benestar Social, Igualdade e Emprego do Concello de Cee organiza, por segundo ano consecutivo, unha xornada sobre “A inclusión social e educativa”.

Venres, 3 de febreiro de 2017

De 10 a 14h

Casa da Cultura de Cee

 

 

Diferentes asociacións participarán nunha xornada aberta a todos na que se falará sobre temas como os dereitos das persoas con discapacidade, as súas oportunidades educativas e laborais, a súa formación ou a sensibilización. Tamén teremos a oportunidade de coñecer de primeira man as experiencias de inclusión de varios usuarios das asociacións na súa vida laboral. As asociacións que participarán son:

  • FADEMGA
  • APEM
  • Federación Autismo Galicia
  • Asociación Aloumiños
  • ASPADEX
  • Asociación Íntegro
  • COGAMI

O acto inaugural correrá da man do alcalde de Cee, Ramón Vigo Sambade.

Ademáis, as asociacións participantes realizarán unha exposición que se poderá visitar na Sala de Exposición da Casa da Cultura de Cee os días 3 e do 6 ao 10 de febreiro.

Podes inscribirte ou pedir máis información no Servizo de Orientación Laboral do Concello de Cee, no teléfono 981745100 ou en orientacion.laboral@cee.gal

Os participantes poderán solicitar diploma de asistencia.

Máis información aquí: 

 

 

1 comentario en “2ª Xornada sobre inclusión social e educativa do Concello de Cee”

Deixa un comentario

TurismoCee