Certificado de profesionalidade de socorrismo acuático

A Deputación da Coruña, no marco do Plan de Emprego Local, ten previsto impartir formación para conseguir os seguintes cercificados de profesionalidade en Socorrismo Acuático:

  • AFDP0209 SOCORRISMO EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS_ 428 HORAS (348 formación teórica e 80 formación práctica)
  •  AFDP0109 SOCORRISMO EN INSTALACIÓNS ACUÁTICAS_ 378 HORAS (298 formación teórica e 80 formación práctica)

Dita formación é gratuíta e está destinada a persoas en situación de desemprego, maiores de 18 anos e que estén empadroadas nalgún dos concellos da provincia de A Coruña.

Dita formación terá lugar nas instalacións da Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia (FESSGA) en A Coruña, rúa Gambrinus nº 151, nave 3, de luns a venres. Será a razón de 6 horas diarias (en modalidade de mañá ou tarde) e as prácticas profesionais non laborais, terán lugar en praias de concellos da provincia. Primeiro, desenvolverase a formación en espazos naturais e logo da tempada de praias, previsiblemente en outubro, desenvolverase a formación en instalacións acuáticas.

Só se admitirán un máximo de 5 inscricións por concello.

O prazo para presentar as solicitudes remata o día 14 de febreiro ás 14h.

Máis información e inscrición na Oficina do Técnico de Emprego do Concello de Cee.

ANEXOS

Requisitos dos candidatos e proceso de selección

Solicitude de incrición

Anexo I: documentación

Anexo II: calendario de probas físicas

Deixa un comentario

TurismoCee