Charla Informativa Créditos

Facebooktwittermail

Charla informativa sobre cláusulas chan e outras problemáticas bancarias e financieiras.

A Unión de consumidores de Galicia organiza para o xoves 19 de maio de 2016, ás 20:00 horas no salón de actos do Concello de Cee unha charla informativa sobre cláusulas chan, créditos rápidos, plusvalía municipal e outras problemáticas bancarias e financeiras.

Nun contexto no que está próxima a resolución do Tribunal de Xustiza da Unión Europea sobre as cláusulas chan, no que o número de casos por problemas derivados cos chamados créditos rápidos vai en aumento e no que vén de detectar que os cobros dos concellos polo imposto de plusvalía municipal non se corresponden coa realidade; A UNIÓN DE CONSUMIDORES DE GALICIA entende que as persoas consumidoras necesitan información correcta e actualizada sobre estas cuestións para seren capaces de facer valer os seus dereitos económicos en todo momento.

Mais información: