Charlas do Centro Superior de Hostelería de Galicia en Cee

O Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG), a través da Escola de turismo Itinerante, organiza un total de 25 xornadas no Camiño Francés e Camiño Fisterra – Muxía destinado a albergues públicos e privados e aloxamentos do Camiño, así como a restaurantes. Todas elas englobadas no Plan Director Estratéxico do Camiño de Santiago en Galicia que contén, dentro do seu plan de accións prioritarias, o programa de “Profesionalización en el Camino”.O obxectivo é mellorar o nivel de profesionalización do sector a través de cursos e xornadas enfocados á atención ao peregrino e a súa experiencia en Galicia.

Cee, xunto con Melide, Santiago e Portomarín, é un das localidades elexidas para impartir algunhas destas xornadas de formación que terán lugar o luns, 21 de novembro, na Casa da Cultura de Cee. A asistencia é gratuíta pero as prazas limitadas. Podes apuntarte no enlace que sigue a cada unha delas:

“A importancia da gastronomía na cultura Xacobea en Galicia”. Casa da Cultura de Cee, luns 21 de novembro de 9:15 a 10:45h.

O obxectivo desta charla é poñer en valor a Gastronomía de Galicia no Camiño de Santiago. Vai dirixido a propietarios ou traballadores de restaurantes e cafeterías con servicio de comida no Camiño de Santiago. O ponente é Miguel Vila, director da revista BenBo. Inscríbete aquí.

“O menú do peregrino como potenciador de produtos autóctonos”. Casa da Cultura de Cee, luns 21 de novembro, de 11:00 a 13:00h.

O obxectivo desta charla é dar a conocer aos restaurantes opcións para ofrecer menús con productos galegos e optimizar os procesos de elaboración e aprovisionamento para facer un produto rentable. Vai dirixido tamén a propietarios ou trabajadores de restaurantes e cafeterías con servicio de comida no Camiño de Santiago. O poñente é Roberto Walther, profesor de cociña no Centro Superior de Hostelería de Galicia. Inscríbete aquí.