Curso preparatorio Competencias Clave Nivel 2

Facebooktwittermail

O Concello de Cee organiza o curso de preparación das Competencias Clave Nivel 2 que permitirá o acceso a certificados de profesionalidade e módulos formativos nivel 2.

O Plan de Inclusión da Xunta de Galicia en colaboración coa Concellería de Presidencia, Benestar Social, Igualdade e Emprego do Concello de Cee, organizan un curso de Preparación das Competencias Clave de Nivel 2 nas materias de Matemáticas, Inglés, Lingua Española e Lingua Galega.


O curso, que consta de 177h, será gratuito e estará impartido por Radio Ecca.

A superación das probas oficiáis de competencias clave permitirá o acceso a procesos de selección en cursos de formación en todos os certificados de profesionalidade ou módulos formativos de nivel 2.

Comezo do curso : luns 28 de xaneiro de 2019
Horario: de mañán: 4 h./d os luns, mércores e venres
Lugar: Casa da Cultura do Concello de Cee

Inscribirse ata o venres 25 de xaneiro na oficina da Orientadora Laboral do Concello de Cee.

Prazas limitadas.

Deixa un comentario