A Deputación da Coruña abre o prazo de inscrición nas accións formativas no marco do Proxecto PEL de Emprego Sustentable no Ámbito Rural.
A proposta conta cos cursos de Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións, Xestión de chamadas de Teleasistencia, Dinamización Comunitaria e Guía de Itinerarios de Baixa e Media Montaña.
- Atención sociosanitaria_zona norte (Narón, Cambre-Culleredo, Ortigueira): finaliza o prazo de inscrición o 3 de setembro ás 14:00h
- Atención sociosanitaria_zona sur (En Cee e Ordes): finaliza o prazo de inscrición o 13 de agosto ás 14:00h
- Xestión de chamadas de teleasistencia (Arteixo): finaliza o prazo de inscrición o 3 de setembro ás 14:00h
- Dinamización Comunitaria (Ortigueira, Santa Comba e Ordes): finaliza o prazo de inscrición o 3 de setembro ás 14:00h
- Guía por itinerarios de baixa e media montaña (Teo e Mazaricos): finaliza o prazo de inscrición o 17 de setembro ás 14:00h
Destinatarios: Persoas desempregadas inscritas no servizo público de emprego de Galicia. A inscrición realizarase no concello da persoa solicitante.
En Cee:
Inscricións: A inscrición para esta formación efectuarase presencial na oficina de Orientación Laboral do Concello de Cee, previa cita (Tlfno. 981 745 100 – E_mail: orientacion.laboral@cee.gal ) ou pode realizarse a través da sede electrónica municipal do Concello de Cee. Despóis da fase inicial de inscrición realizarase a de baremación e a de entrevista das persoas solicitantes segundo os criterios do Pel de Emprego Rural Sustentable da Deputación da Coruña.
Anexos
Accións formativas de itinerarios PEL Emprego Sustentable no Ámbito Rural
Accións formativas de itinerarios PEL Emprego Sustentable no Ámbito Rural
ANEXO I. Solicitude de inscrición PEL Emprego Sustentable no Ámbito Rural
Accións formativas de itinerarios PEL Emprego Sustentable no Ámbito Rural