O venres 21 de novembro o Concello de Cee procederá a presentar no SEPE oferta para a contratación de un traballador ao abeiro da convocatoria GARANTÍA XUVENIL 2025 (Peón limpeza e mantemento xeral, nove meses, xornada completa)
Recibida resolución de concesión da secretaría xeral de Emprego e Relacións Laborais, por delegación do conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, concede unha subvención para a contratación de un traballador ao abeiro da ORDE do 13 de agosto de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á contratación de persoas
mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da colaboración con entidades locais, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021 – 2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025
Visto que a orde de convocatoria establece
“As entidades locais beneficiarias da subvención solicitarán as persoas traballadoras mozas que necesiten mediante a presentación de oferta de emprego na correspondente oficina pública de emprego de Galicia, nos modelos normalizados para o efecto, facendo referencia aos requisitos e características que deben reunir as persoas mozas traballadoras que se contratarán para o adecuado desempeño das funcións inherentes aos postos de traballo ofertados, deberá presentarse unha por cada categoría profesional dentro de cada ocupación, que deberá responder á codificación prevista no Catálogo nacional de ocupacións (CNO) …”
Este Concello procederá a contratación dentro do programa GARANTÍA XUVENIL 2025, unha vez publicadas as bases do proceso selectivo na SEDE, de un traballador para o desenvolvemento do servizo “Peón de limpeza e mantemento xeral”
- Contrato de traballo temporal para a mellora da ocupabilidade e a inserción laboral.
- Duración: Nove (9) meses
- Nº de traballadores: 1.
- Selección de candidatos: Oferta de emprego no Servizo Público de Emprego.
- Código de ocupación G.(CNO 9601)
- Requisitos específicos: Estar inscrito no Rexistro de Garantía Xuvenil e os establecidos na ORDE do 13 de agosto de 2025 polo que se aproban as bases reguladoras para a concesión da subvención e procede á súa convocatoria para o exercicio do ano 2025 (código de procedemento TR350E)
Bases GARANTÍA XUVENIL 2025
ACTUALIZACIÓN 01/12/2025
GARANTIA XUVENIL 2025. Acta I. Constitución tribunal, listas admitidos e convocatoria probas
P.S. Contratación laboral temporal dunha praza de persoal de limpeza e mantemento xeral dentro do proxecto “TR350E 2025 Contratación persoas inscritas no sistema de garantía xuvenil”
ACTUALIZACIÓN 03/12/2025
TR350E 2025 Garantía Xuvenil Acta II Celebración da proba práctica e de coñecemento do idioma galego, puntuacions e proposta de selección provisional.
- Acta II. Proba práctica, puntuacions provisionais totais, proposta de selección.pdf (PDF-778,74 kb )
ACTUALIZACIÓN 10/12/2025
Acta III. P.S. Garantía xuvenil. Puntuacións definitivas. Lista de selección e reservas.
ACTUALIZACIÓN 12/12/2025
Acta IV. Proposta definitiva de contratación e reservas Garantía Xuvenil

