GUÍA. Violencia de xénero no estado de alarma

Guía de actuación para mulleres que estean a sufrir violencia de xénero en situación de permanencia domiciliaria derivada do estado de alarma por COVID-19

A violencia de xénero non é un problema privado, é unha violación dos dereitos humanos que incumbe a toda a sociedade, especialmente ós poderes públicos. Por iso, nesta situación de “estado de alarma”, coas dificultades que engade o illamento nos fogares e o peche de moitos servizos, dende o Ministerio de Igualdade queremos informar a tódalas mulleres que poidan estar a vivir estas situacións de violencia das accións preventivas e resposta fronte á violencia de xénero que seguen en marcha, especialmente se se trata de situacións de emerxencia.

Servizos Xerais

¿Necesitas información xeral e asesoramento, incluíndo asesoría xurídica?

O 016 segue en funcionamento con normalidade as 24 horas, todos os días da semana. Podes asesorarte sobre os recursos dispoñibles e os dereitos das vítimas de violencia de xénero:

Por teléfono: marca 016
Por mail: escribe a 016-online@mscbs.es
24 horas, 365 días ó ano

  • Se buscas asesoramento xurídico de 08.00 a 22.00, todos os días da semana.
  • Este servizo préstase en 52 idiomas e cun servizo adaptado a posibles situacións de discapacidade. Servizo Telesor  www.telesor.es Se abrirá en una ventana nueva. ; servicio de videointepretación svisual www.svisual.org Se abrirá en una ventana nueva.

¿Necesitas falar sobre como te encontras? ¿Necesitas apoio psicolóxico inmediato?

Ademais de buscar o apoio de familiares e amizades de confianza para que che axuden nestes momentos difíciles, se necesitas apoio emocional inmediato poñemos a túa disposición un servizo rápido vía WhatsApp. Podes contactar a través dos seguintes números:

WhatsApp de apoio emocional inmediato:
Escribe a: 682916136 / 682508507

¿Estás nunha situación de emerxencia?

Para situacións de emerxencia, podes chamar ó 112 ou ós teléfonos de emerxencias da Policía Nacional (091) e da Garda Civil (062), que seguen prestando servizo. Todos os teléfonos son gratuítos.

Ante unha situación de perigo, en caso de que non sexa posible realizar unha chamada, podes empregar a APP ALERTCOPS, dende a que se enviará unha sinal de alerta á policía coa túa localización.

Por teléfono: Chama ó 112 / Chama ó 091 (Policía Nacional) / Chama ó 062 (Garda Civil)

Descarga ALERTCOPS Se abrirá en una ventana nueva.

Ademais desta información xeral, a continuación respondemos algunhas dúbidas que poden xurdir, segundo a situación na que te atopes:

Máis información:

Guía de actuación para mulleres que estean a sufrir violencia de xénero en situación de permanencia domiciliaria derivada do estado de alarma por COVID-19Se abrirá en una ventana nueva.

Deixa un comentario

TurismoCee