I Encontro sobre deberes escolares. Os Deberes Escolares a Debate

I ENCONTRO SOBRE DEBERES ESCOLARES

O concello de Cee acolle o I Encontro sobre Deberes Escolares. “Os Deberes Escolares a Debate”

GIPED organizará un primeiro encontro sobre deberes escolares na Costa da Morte, concretamente no Concello de Cee, onde tres investigadores do grupo, Antonio Valle, Susana Rodríguez e Tania Vieites, natural de Cee, compartirán algúns dos seus resultados solicitados ao longo da súa traxectoria e presentarán o Método de Implementación de Tarefas para Casa (MITCA).

Posteriormente, os asistentes poderán participar dando a súa opinión sobre os deberes escolares. Neste punto da xornada poderán participar o profesorado dos centros educativos da Costa, ademais da participación das familias para así contar con todos os axentes do proceso de ensino-aprendizaxe. O grupo de investigación convida a todos os veciños a asistir e a participar no encontro sobre educación titulado “Os deberes escolares a debate” que se celebrará o 12 de abril ás 17:00h na Sala de Conferencias da Casa da Cultura do Concello de Cee.

O Grupo de Investigación en Psicoloxía Educativa (GIPED) da Universidade de A Coruña, é pioneiro en estudos sobre distintas variables e axentes que interveñen no estudo dos deberes escolares, entre outros tópicos de investigación.  Cabe destacar que a produción científica do grupo é ampla e pode resumirse en diferentes proxectos competitivos de ámbito nacional e autonómico, mais de media centena de artigos publicados en revistas de impacto, libros, capítulos de libro, teses dirixidas e participación en multitude de congresos nacionais e internacionais. Trátase dun equipo formado por profesores e profesoras do Departamento de Psicoloxía da UDC, docentes doutras universidades e profesorado non universitario. Igualmente, GIPED conta cun grupo de estudantes de doutoramento e máster que inician aquí a súa carreira investigadora.

GIPED, actualmente, atópase cun obxectivo claro, a difusión dos resultados dos seus estudos á sociedade, é dicir, trasladar a investigación científica ao cidadán de a pé para que toda a sociedade poida profundizar  no seu coñecemento. Nos últimos meses, o coordinador do grupo, Antonio Valle, foi entrevistado por diferentes medios de comunicación, como o programa da TVG A Revista (https://www.crtvg.es/tvg/a-carta/a-revista-6031448?t=1278), no programa “La tarde” na COPE acerca do tempo que se lles adica aos deberes escolares (https://www.cope.es/programas/la-tarde/noticias/minutos-por-curso-psicologo-zanja-debate-sobre-tiempo-que-deben-dedicar-los-ninos-los-deberes-20230310_2597486?fbclid=IwAR3SuDZWEGkqhaqGveaObeRTmrbCRkHILQUg6sewRwEBXdLFCmfnFCDvWK4) ou o Diario da Voz de Galicia (https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2023/03/03/antonio-valle-catedratico-deberes-generan-conflicto-casa-haciendo-bien/00031677861743059651961.htm?fbclid=IwAR1wD5Xecrj7VF8DP25nOzigiS0U853Of6veKKq_Bbbdj0jxR2lB6ycN-Zo). Ademais da publicación da súa última obra xunto a Bibiana Regueiro e Patricia Ruido, “Los deberes escolares, en el punto de mira”.

 

Deixa un comentario

TurismoCee