INICIO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN DE PERSOAS ADXUDICATARIAS DE VIVENDAS DE PROTECCIÓN AUTONÓMICA

Resolución de inicio do procedemento de selección de persoas adxudicatarias de vivendas de protección autonómica.

  1. Declárase a apertura do procedemento de selección de persoas adxudicatarias no expediente de vivenda protexida de promoción privada de RÉXIME XERAL núm. C-VX-0021/07

As característicias da promoción son as seguintes:

Localización:

Rúa Castelao e Rúa Magdalena – Cee

Forma de acceso: Compra

Número e tipoloxía das vivendas:

16 para quenda Xeral.

De entre 66,80 m2 e 88,95 m2 de superficie útil. 10 vivendas con garaxe e rocho vinculados, 5 vivendas con garaxe vinculado e 1 vivenda sen garaxe nin rocho.

Os garaxes teñen unha superficie cualificada de 25 m2 e os rochos entre 2,25 m2 e 8 m2.

A situación das vivendas atópase entre as plantas baixa, 1 e 2 do edificio.

2. Prazo de 15 días hábiles (ata o 17 de marzo) para que as persoas interesadas e inscritas no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia no réxime, forma de acceso e localidade desta promoción, para solicitar a súa inclusión no procedemento de adxudicación, segundo o modelo anexo.

A presentación de solicitudes implica a renuncia acalquera outro procedemento de adxudicación de vivendas de protección autonómica non resolto no que a persoa interesada figurase como reserva.

Resolución de inicio do procedemento de selección de persoas adxudicatarias de vivendas de protección autonómica.

Resolución de inicio do procedemento de selección de persoas adxudicatarias de vivendas de protección autonómica. 

 

1 comentario en “INICIO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN DE PERSOAS ADXUDICATARIAS DE VIVENDAS DE PROTECCIÓN AUTONÓMICA”

  1. En el mes de junio de este año mi marido. Mis dos hijos de 17 y 14 años y yo nos mudamos en condición de de retornada y quisiera saber como si hay forma de conseguir una alquiler por medio del Ayuntamiento o una vivienda protección para comprar gracias

    Responder

Deixa un comentario

TurismoCee