Inscrición no proceso de avaliación e acreditación das competencias profesionais

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Publicada a ORDE do 29 de novembro de 2019 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais (código de procedemento ED517B).

Familias profesionales convocadas: Administración e Xestión.Agraria, Comercio e Márketing,  Edificación e Obra Civil, Electricidade e Electrónica, Enerxía e Auga, Fabricación Mecánica, Hostalaría e Turismo, Imaxe e Son, Imaxe Persoal, Industrias Alimentarias, Informática e Comunicacións, Instalacións e Mantemento, Madeira, Moble e Cortiza, Química, Sanidade,  Servizos Socioculturais e á Comunidad,  Transporte e Mantemento de Vehículo.

Importante

  • A solicitude de participación no procedemento deberá presentarase obrigatoriamente por vía electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gale requirirá cubrir previamente os datos na aplicación informática que se atopa no enderezo www.edu.xunta.es/acreditacion, desde onde deberá xerarse o formulario normalizado. Esta aplicación está activa a partir do 13 de xaneiro de 2020.
  • Os datos relacionados coa documentación xustificativa do historial profesional e/ou formativo e dos requisitos de participación no procedemento deberán cargarse na devandita aplicación informática.
  • O prazo de presentación de solicitudes será desde o 13 de xaneiro ata o 7 de febreiro de 2020.
  • Só serán aceptadas as solicitudes que sexan entregadas por sede electrónica.

 

Servizos de información e orientación:

  1. A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional garantirá un servizo aberto e permanente que lles facilite información e orientación a todas as persoas que a soliciten. Esta información e orientación será facilitada polos departamentos de orientación dos centros integrados de formación profesional e nos centros de formación profesional de titularidade pública dependentes da Administración educativa.En cada punto de información existirá, polo menos, un profesional (orientador ou orientadora) para o desenvolvemento destas funcións.

Normativa

Ámbito Estatal

Real decreto 1224/2009, do 17 de xullo, de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas por experiencia laboral (BOE nº 205 do 25 de agosto de 2009).

 

Ámbito Autonómico

Orde do 29 de novembro de 2019 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais (DOG nº 236 do 12 de decembro de 2019).

4 comentarios en “Inscrición no proceso de avaliación e acreditación das competencias profesionais”

Deixa un comentario

TurismoCee