MEDIDAS EXTRAORDINARIAS EN RELACIÓN COS PROCEDEMENTOS TRAMITADOS POLA ÁREA TRIBUTARIA DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

En relación aos impostos delegados cuxos recibos pasa directamente a Deputación de A Coruña (Contribución, cemiterio, IVTM, recollida de lixo, vaos, etc) será de aplicación a seguinte resolución ditada polo presidente da Deputación de A Coruña, Don Valentín González Formoso.

1º) Posponse ata despois do 30 de abril de 2020 o inicio da primeira voluntaria (ITVM e Taxas diversas). As datas concretas fixaranse no seu momento.

2º) Ata o 30 de abril de 2020:

– Suspéndese a tramitación de expedientes de fraccionamento e aprazamento. Abriranse expedientes das solicitudes que entren, suspenderanse os valores e prepararanse os requerimentos de documentacion. Non se realizarán as propostas ata despois do 30 de abril.
– Non se dictarán providencias de apremio, nin se practicarán embargos.
– Non se autorizarán nin celebrarán subastas, nin se executarán garantías.
– Non se practicarán notificacións ata despois do 30 de abril.

3º) Para os procedementos iniciados con anterioridade ao 18 de marzo de 2020, suspenderase o cómputo do prazo de duración dos mesmos dende o 18 de marzo de 2020 ata o 30 de abril de 2020.

4º) O período comprendido entre o 18 de marzo e o 30 de abril de 2020 non computará a efectos dos prazos de caducidade e dos prazos de
prescrición do artígo 66 da Lei Xeral Tributaria.

5º) Os prazos para a presentación das declaracións e autoliquidacións tributarias non se ven afectados por esta suspensión de prazos.

6º) Para as liquidacións, autoliquidacións, providencias de apremio e demais actos da Área que dean lugar a un pago e que xa estiveran notificados e non houbese concluido os prazos de pago previstos nos apartados 2 e 5 do artigo 62 da Lei 58/2003, de 17 de diciembre, Xeral Tributaria, con anterioridade á entrada en vigor do Real Decreto-Ley 8/2020 (18 de marzo de 2020), ampliaranse ata o 30 de abril.

A tal efecto, se as cartas de pago estiveran caducadas, se lles facilitarán outras novas.

7º) Non se cargarán en conta as ordes de domiciliacións dos prazos e fraccións dos aprazamentos e fraccionamientos xa concedidos, ata o 5 de maio de 2020.

8º) Os prazos para atender os requerimentos, dilixencias de embargo e solicitudes de información con trascendencia tributaria, para formular alegacións ante actos de apertura do dito trámite ou de audiencia, ditados en procedementos de aplicación dos tributos, sancionadores ou de declaración de nulidad, devolución de ingresos indebidos, rectificación de errores materiais e de revogación, que houberan sido comunicados e non estiveran concluidos con anterioridade á entrada en vigor do Real Decreto-Ley 8/2020 (18 de marzo de 2020) prolónganse ata o 30 de abril.
Para aqueles casos en que estes prazos houbesen sido comunicados con posterioridade á entrada en vigor do Real Decreto-Lei 8/2020 (18 de marzo de 2020), ampliaranse ata o 20 de maio.

9º) Se o obrigado tributario, no entanto, a posibilidade de acollerse á ampliación dos prazos dos apartados anteriores ou sen facer reserva expresa a ese dereito, atendese ao requirimento ou solicitude de información con transcendencia tributaria ou presentase as súas alegacións, considerarase cumprido o trámite.

10º) Aos sos efectos do cómputo dos plazos previstos no artigo 66 da Lei 58/2003, de 17 de diciembre, Xeral Tributaria, nos recursos de reposición, entenderanse notificadas as resolucións que lles pongan fin cando se acredite un intento de notificación da resolución, entre a entrada en vigor do Real Decreto-Lei 8/2020 (18 de marzo de 2020) e o 30 de abril de 2020.
O prazo para interpoñer recursos frente a actos tributarios, non se iniciará ata concluído o dito período, o ata que se teña producida a notificación nos termos da Sección Tercera del Capítulo II del Título III da Lei 58/2003, de 17 de decembro Xeral Tributaria, se esta última se producira con posterioridade a aquel momento.

11º) O período comprendido dende o 18 de marzo de 2020 ata o 30 de abril de 2020 non computará a efectos da duración máxima dos procedementos de aplicación dos tributos, sancionadores e de revisión tramitados pola Deputación, aínda que durante este período poderá ésta impulsar, ordear e realizar os trámites imprescindibles.

12ª) A atención ao contribuínte realizarase a través de correo electrónico na dirección atencion.tributaria@dacoruna.gal e, subsidiariamente, a través do teléfono gratuito 900 132 204.

Lémbrase que os contribuíntes poderán facer xestións e consultas a través da Oficina Virtual Tributaria da Deputación.

RESOLUCIÓN DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA. MEDIDAS EXTRAORDINARIAS EN RELACIÓN COS PROCEDEMENTOS TRAMITADOS POLA ÁREA TRIBUTARIA DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

Resolución Deputación Provincial de A Coruña. Medidas extraordinarias en relación cos procedementos tramitados pola Área Tributaria da Deputación Provincial de A Coruña

 

Deixa un comentario