Modificación medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade

CONSUMO DE TABACO NA VÍA PÚBLICA OU ESPAZOS AO AIRE LIBRE

No caso particular de consumo de tabaco ou de cigarros electrónicos na vía pública ou en espazos ao aire libre, incluídas as terrazas, só se poderá exceptuar a obriga de uso de máscara, e exclusivamente durante o indicado consumo, sempre que, tendo en conta a posible concorrencia de persoas e as dimensións do lugar, poida garantirse o mantemento, en todo momento, da distancia de dous metros con outras persoas.
O anterior será aplicable tamén para o uso de calquera dispositivo de inhalación de tabaco, pipas de auga, cachimbas e asimilados.

RECOMENDACIÓNS EN REUNIÓNS DE GRUPOS DE PERSOAS EN ESPAZOS PRIVADOS

Nos espazos privados, abertos ou pechados, de uso privado, recoméndase o uso de máscara, no caso de reunións ou de posible confluencia de persoas non conviventes, así como o mantemento da distancia de seguridade interpersoal e a aplicación de medidas de hixiene.

ESTABLECEMENTOS DE HOSTALARÍA E RESTAURACIÓN 

Os establecementos de hostalaría e restauración deberán pechar non máis tarde da unha da madrugada sen que poida permitirse o acceso de ningún cliente desde as 00.00 horas.

PECHE DO OCIO NOCTURNO

Os locais de discotecas e demais establecementos de lecer nocturno permanecerán pechados.
Entenderanse por establecementos de lecer nocturno, para os efectos do establecido nestas medidas, as discotecas, pubs, cafés-espectáculo, salas de festas, así como as salas de concertos que desenvolvan as súas actividades de forma análoga aos anteriores.

Consulta íntegra do documento

Peche ocio nocturno e consumo de tabaco na vía pública

Peche ocio nocturno e consumo de tabaco na vía pública

Entrada en vigor

17/08/2020 ás 00:00 h.

 

 

Deixa un comentario

TurismoCee