MEDIDAS DE PREVENCIÓN ESPECIFICAS PARA CONCELLOS CON INCIDENCIA ACUMULADA A 14 DÍAS INFERIOR A 250 CASOS POR CADA CEN MIL HABITANTES
NIVEL DE RESTRICIÓN MEDIA BAJA
ORDE do 17 de marzo de 2021 pola que se modifica a Orde do 25 de febreiro de 2021 pola que se establecen as actuacións necesarias para a posta en marcha do Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2021/20210317/2591/AnuncioC3K1-170321-3_gl.html
DECRETO 45/2021, do 17 de marzo, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2021/20210317/2591/AnuncioC3B0-170321-1_gl.html
A eficacia das medidas neste decreto comezarán ás 00:00 horas do día 19 de marzo de 2021
LIMITACIÓN DA LIBERDADE DE CIRCULACIÓN DAS PERSOAS EN HORARIO NOCTURNO
Real Decreto 956/2020, de 3 de noviembre, por el que se prorroga el estado de alarma declarado por el Real Decreto 926/2020, de 25 de octubre, por el que se declara el estado de alarma para contener la propagación de infecciones causadas por el SARS-CoV-2.
https://www.boe.es/boe/dias/2020/11/04/pdfs/BOE-A-2020-13494.pdf
Durante o periodo comprendido entre as 22:00 e as 6:00 horas, as persoas unicamente poderán circular polas vías ou espazos de uso público para a realización de, entre outras, as seguintes actividades:
• Adquisición de medicamentos, produtos sanitarios e outros bens de primeira necesidade.
• Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.
• Asistencia a centros de atención veterinaria por motivos de urxencia.
• Cumprimento de obrigas laborais, profesionais, empresariais, institucionais ou legais.
• Retorno ao lugar de residencia habitual tras realizar algunhas das actividades previstas neste punto.
• Asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.
• Por causa de forza maior ou situación de necesidade.
• Calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acreditada.
• Abastecemento en gasolineiras ou estacións de servizo, cando resulte necesario para a realización das actividades previstas nos parágrafos anteriores.
LIMITACIÓN DA PERMANENCIA DE GRUPOS EN ESPAZOS PÚBLICOS OU PRIVADOS
1. https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2021/20210126/2549/AnuncioC3B0-260121-1_gl.pdf
2. Limítanse os grupos para o desenvolvemento de calquera actividade ou evento de carácter familiar ou social na vía pública, espazos de uso público ou espazos privados, a un máximo de catro persoas, en espazos pechados de uso público, ou de seis persoas en espazos de uso público ao aire libre .
3. En espazos de uso privado a permanencia de grupos de persoas quedará limitada a conviventes.
4. As excepcións contémplanse no punto 3 do Apartado Segundo do Decreto 45/2021 do mércores 17 de marzo.
LIMITACIÓN DA ENTRADA E SAÍDA DAS PERSOAS DO ÁMBITO TERRITORIAL DOS CONCELLOS
• Pódese mover ao todos os concellos excepto a Maside , Paradela e Vilardevós
https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Restricions-Perimetrais
• As excepcións contémplanse no punto 3 do Apartado Segundo do Decreto 45/2021 do mércores 17 de marzo.
VIDA SOCIAL E COMUNITARIA
• Lugares de culto: 50% da súa capacidade máxima permitida.
• Velorios: 10 persoas por túmulo sexan ou non conviventes e 25 en espazos abertos.
• Enterramento ou despedida para a cremación: 25 persoas sexan ou non conviventes.
• Non se poderán realizar actuacións de coros ou agrupacions vocais de canto.
• Actos e runión laborais, institucionais, académicos ou profesioanais: 50% da capacidad autorizada do local. Límite de 75 persoas en locais pechados e 150 persoas en locais ao aire libre.
• Bibliotecas e arquivos, museos, salas de exposición, monumentos e outros equipamentos culturais: 50% da súa capacidade máxima permitida. Actividades culturais: 4 persoas sexan ou non conviventes excluído o monitor ou guía.
• Cines, teatros, auditorios, congresos: 30% da súa capacidade máxima permitida. Límite de 300 persoas en locais pechados e 1000 persoas en locais ao aire libre. O público deberá permanecer sentado.
• Actividades turísticas, centros e puntos de información:
Grupos de ata 8 persoas sexan ou non conviventes excluido o monitor.
Centros de información, casetas e puntos de información: 50% da súa capacidade
ESTABLECEMENTOS DE HOSTALARÍA E RESTAURACIÓN
• No interior: Limitación ao 50% da capacidade máxima permitida. A ocupación máxima será de 4 persoas por mesa ou agrupación de mesas, no caso de persoas non conviventes.
Non se poderá prestar servizo en barra.
• Nas terrazas ao aire libre: Limitación ao 75% das mesas permitidas. A ocupación máxima será de 6 persoas por mesa ou agrupación de mesas, no caso de persoas non conviventes.
• Os clientes poden quitar a máscara exclusivamente no momento do consumo.
• Horario do peche ao público: 21:00 horas.
• Permítese a recollida no local para consumo no domicilio ata as 21:30 horas.
• Permítese a entrega a domicilio ata as 24:00 horas.
HOTEIS E ALOXAMENTOS TURISTICOS
• Zonas comúns dos hoteis, albergues e aloxamentos turísticos: 50% da súa capacidade.
• Albergues turísticos: 30 % da súa capacidade
ESTABLECEMENTOS E LOCAIS COMERCIAIS QUE NON FORMEN PARTE DE CENTROS OU PARQUES COMERCIAIS
•Establecementos retallistas e de actividades de servizos profesionais: Límite do aforo 50% de capacidade, independentemente da súa superficie.
• Peche ás 21:30 horas, salvo que teñan fixado, de acordo coa normativa vixente, un horario inferior ou superior.
ESTABLECEMENTOS QUE TEÑAN A CONDICIÓN DE CENTROS E PARQUES COMERCIAIS, OU QUE FORMEN PARTES DELES E GRANDES SUPERFICIES
• Establecemento retallista e de actividades de servizos profesionais: Límite do aforo 50% da súa capacidade total.
• Peche ás 21:30 horas.
• A capacidade das zonas comúns dos centros e parques comerciais queda limitada ao 30 %.
• No caso de establecementos ou locais distribuídos en varios andares: Límite do aforo 50% de capacidade total en cada un deles.
• Non se permitirá a permanencia de clientes nas zonas comúns, excepto para o tránsito entre os establecementos.
• Zonas infantís, ludotecas ou áreas de descanso deben permanecer pechadas.
MERCADOS AO AIRE LIBRE
• Mercados con menos de 50 postos autorizados: 100% da súa capacidade.dos postos habituais ou autorizados.
• Mercados con 50-100 postos autorizados: 75% da súa capacidade.dos postos habituais ou autorizados.
• Mercados con máis de 100 postos autorizados: 50% da súa capacidade.dos postos habituais ou autorizados.
CENTROS DE LECER INFANTIL
• Capacidade máxima 50%. e un ratio dun monitor por cada 10 participantes
• Grupos dun máximo de seis nenos / nenas no exterior e de catro no interior.
ACTIVIDADE DEPORTIVA
Non federada:
• Ao aire libre en grupos de ata seis persoas, sexan ou non conviventes sen contar o monitor ou guía coa utilización de máscara
• En instalacións deportivas cubertas: de forma individual ou en grupos de ata catro persoas, sexan ou non conviventes sen contar o monitor ou guía coa utilización de máscara
• Instalacións deportivas cubertas: límite 50% da capacidade máxima permitida.
• Vestiarios e zonas de ducha: límite 30% da capacidade máxima permitida.
Federada:
• Axustarase aos correspondentes protocolos Fisicovid-Dxtgalego aprobados
ACADEMIAS, AUTOESCOLAS E CENTROS PRIVADOS DE ENSINO NON REGRADO E CENTROS DE FORMACIÓN
• A actividade que se realice nestes centros poderá impartirse dun modo presencial, sempre que non se supere unha capacidade do 50%.
FESTAS, VERBENAS, OUTROS EVENTOS POPULARES E ATRACCIÓNS DE FEIRAS
• Peche das actividades.
CENTROS SOCIAIS, SOCIOCUMUNITARIOS, CLUBES DE XUBILADOS E CENTROS DE NATUREZA ANÁLOGA
• Capacidade máxima permitida: 30%.
• Actividades grupais: máximo de 4 persoas, sexan ou non conviventes, excluído o monitor ou guía.
CENTROS DE INTERPRETACIÓN E VISITANTES, AULAS DA NATUREZA, CASETAS E PUNTOS DE INFORMACIÓN DA REDE GALEGA DE ESPAZOS PROTEXIDOS
• Peche das actividades.
ACTIVIDADE LECTIVA PRESENCIAL PERMITIDA
• Escolas oficiais de idiomas.
• Escolas de arte e superior de deseño.
• Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais.
• Escola Superior de Arte Dramática.
• Conservatorios de música.
• Conservatorios de danza.
• Escolas de música.
• Escolas de danza.
• Centros autorizados de deportes, centros autorizados de fútbol; centros autorizados de fútbol sala.
• Centros autorizados de artes plásticas e deseño.
• Centros autorizados de música e centros autorizados de danza, salvo que estean integrados en centros docentes que permanezan abertos e que limiten a súa actividade ao alumnado dos ditos centros docentes.
• Escolas de música privadas e escolas de danza privadas.
ACTIVIDADES NON ESENCIAIS QUE PECHAN TEMPORALMENTE
I. Espectáculos públicos:
I.3. Espectáculos taurinos.
I.4. Espectáculos circenses.
I.5. Espectáculos deportivos
I.6. Espectáculos feirais e de exhibición.
I.7. Espectáculos pirotécnicos.
II. Actividades recreativas:
II.3. Actividades de lecer e entretemento.
II.4. Atraccións recreativas.
II.7. Actividades de restauración.
II.8. Actividades zoolóxicas, botánicas e xeolóxicas.
III. Establecementos abertos ao público:
III.1. Establecementos de espectáculos públicos:
III.1.4. Circos.
III.1.5. Prazas de touros.
III.2.3. Establecementos para atraccións e xogos recreativos:
III.2.3.1. Parques de atraccións e temáticos.
III.2.3.2. Parques acuáticos.
III.2.3.3. Salóns recreativos.
III.2.3.4. Parques multilecer.
III.2.6. Establecementos para actividades zoolóxicas, botánicas e xeolóxicas.
III.2.7. Establecementos de ocio e entretemento.
III.2.7.1. Salas de festas.
III.2.7.2. Discotecas.
III.2.7.3. Pubs.
III.2.7.4. Cafés-espectáculo.
III.2.7.5. Furanchos.
• Serán de aplicación as medidas establecidas para Hostelería e Restauración.