Cee presenta o programa Apego

Cee únese ao programa Apego que busca a socialización en galego para os nenos de 0 a 6 anos a través de actividades ou recursos dispoñibles en apego.gal.

O Concello de Cee presentou en rolda de prensa a súa incorporación ao Programa Apego da man do alcalde, Ramón Vigo, a concelleira de Cultura, Deporte e Tempo libre, Camola Díaz e a técnico de Normalización Lingüística, Mercedes Rodríguez. Este programa foi creado de forma conxunta polos traballadores de Normalización Lingüística de diferentes concellos de Galicia e foi medrando ata conseguir ter xa 30 concellos asociados. Cee empezou a formar parte de Apego o pasado día 17 de marzo coa sinatura do convenio por parte da concelleira de Cultura, Deporte e Tempo Libre en Nigrán. Gracias ao proxecto, xa hai máis de 2000 familias que transmiten aos seu fillos a súa lingua materna, o galego, sendo Cee o único concello da comarca de Fisterra que forma parte do proxecto.

O obxectivo de Apego é a socialización en galego dos máis pequenos, fomentando e mellorando a transmisión do galego como lingua inicial. Por iso, o programa vai destinado ás crianzas de 0 a 6 anos e ás súas familias para achegarlles todas as ferramentas axeitadas para facer máis fácil a socialización en galego.

En palabras do propio alcalde, é “bo achegar a nosa lingua aos rapaces dende ben pequenos. Esperamos chegar a todos e que seexa do agrado da cidadanía”. Pola súa parte, Mercedes Rodríguez destacou “a importancia de mamar dende o berce o idioma, que é o que máis nos representa”.

No acto, presentouse tamén a programación de Apego para os meses de abril, maio e xuño no Concello de Cee. O mes de abril estará adicado ao teatro infantil con representaciónspara bebés de 0 a 3 anos e tamén para mariores de 5 anos. En maio e xuño o gran protagonista será o fomento da lectura con cans. Actividades, todas elas, nas que se prima a relación entre infancia, cultura e idioma.

Aquí tes o programa Apego para os meses de abril, maio e xuño:

¿Cómo formar parte do programa Apego?

Se queres formar parte deste programa, xa podes facer uso de todos os materias didácticos e recursos da web apego.gal. Ademáis, se tes un fillo nado neste 2017 ou estás embarazada, podes pedir a túa caixiña “Apego”. Un fermoso regalo de benvida que contén todo o necesario para esta primeira incursión no galego: un peluche/manta do pulpo Po (mascota do programa), un CD con música en galego para os primeiros anos, un álbum do primeiro ano de vida, un medidor… Todo cun diseño bonito e moi coidado. Podes conseguir o teu agasallo inscribíndote na páxina web apego.gal ou acudindo ao Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Cee.

3 comentarios en “Cee presenta o programa Apego”

Deixa un comentario

TurismoCee