NOTA INFORMATIVA. MERCADO DOMINICAL

Con motivo da suspensión do mercado dominical para a venda ambulante, no Concello de Cee, debido as medidas a adoptar en relación co CORANAVIRUS, os Domingos, días 15 e 22 de marzo de 2020.

Infórmase que conforme o artigo 8.h) da Lei 13/2006 de 27 de decembro de horarios comerciais de Galicia, gozan de liberdade horaria os establecementos comerciais que dispoñan dunha superficie útil para a exposición e venda ao público de menos de 300 metros cadrados, excluídos os pertencentes a empresas ou grupos de distribución que non teñan a consideración de pequena e mediana empresa, segundo a lexislación vixente. É dicir, éstes últimos deberán permanecer pechados os días 15 e 22 de marzo de 2020, dado que a súa apertura está vinculada á celebración do
Mercado Dominical (artigo 8.e, da mesma lei).

Cee, 13 de marzo de 2020
A alcaldesa
Margarita Lamela Louzán

NOTA INFORMATIVA. Mercado Dominical

Deixa un comentario