A Piscina Municipal de Cee conmemorará o «Día mundial contra o cancro de mama» o 19 de outubro

Facebooktwittermail

O vindeiro luns 19 de outubro a Piscina Municipal de Cee organizará, conxuntamente coa AECC (Asociación Española contra el Cáncer), unha serie de actividades nas que todas as mulleres terán a entrada gratuíta á instalación.

Ademáis de diversas charlas dirixidas á información e prevención desta enfermidade, a AECC colocará unha mesa informativa con material divulgativo sobre as campañas que están en marcha, así como se porán á venta diferentes productos cuxa recadación integra será para a asociación.

O Concello de Cee apoia e aplaude esta iniciativa e anima a todas as mulleres a que participen na mesma.